Familia de linguas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 3:
== Características ==
O antepasado é coñecido de forma directa en poucas ocasións xa que o rexistro histórico da maioría das linguas é moi curto. Así a todo, é posible recuperar moitas das características do antepasado común de linguas relacionadas aplicando o [[método comparativo]], un procedemento de reconstrución desenvolvido no [[século XIX|s. XIX]] polo [[lingüista]] [[August Schleicher]]. Pódese demostrar doadamente o status de moitas das familias listadas mais abaixo.
As '''familias de linguas''' poden ser subdivididas en unidades menores, normalmente denominadas "ramas" (a historia dunha '''familia de linguas''' represéntase frecuentemente como unha [[árbore]])
 
O devanceiro común dunha familia (ou unha rama) coñécese como "[[protolingua]]". Por exemplo, a protolingua reconstruída da ben coñecida familia [[Indoeuropeo|indoeuropea]] é chamada [[protoindoeuropeo]] (da que non se conservan restos escritos xa que foi usada antes da invención da [[escrita]]). Ás veces unha protolingua pode ser identificada cunha linguaxe coñecida.