Unión Fenosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Krisko (conversa | contribucións)
amplío con info da wiki en castelán
Liña 31:
No ano [[2000]] asinou un contrato cunha empresa petroleira [[Exipto|exipcia]], que permitiu a Unión Fenosa dispor de gas propio en orixe e así ter unha posición de vantaxe no sector. Ademais, creouse Soluziona como integradora das empresas de servizos profesionais do Grupo. A Central de Hermosillo, en [[México]] entrou en funcionamento en [[2001]] e constitúe o primeiro ciclo combinado de gas construído e operado pola empresa. En [[2002]] eliminou do seu nome a palabra "Eléctrica" para reflectir a entrada noutros negocios (gas, telecomunicacións, etc.) En [[2003]] entrou como socio estratéxico no accionariado de Unión Fenosa Gas a empresa italiana [[ENI]], que co 50% dos títulos, reforzou o posicionamento do Grupo nos mercados gasistas internacionais.
 
ActualmenteAté a fusión con Gas Natural, o Grupo Unión Fenosa tentiña presenza en 15 países.
 
=== Operación de adquisición por Gas Natural ===
En xullo de 2008, a empresa [[Cataluña|catalá]] [[Gas Natural]] chegou a un acordo co grupo [[ACS]] para a adquisición de Unión Fenosa.
En xullo de 2008, a participación en Unión Fenosa que ten o seu primeiro accionista, o grupo [[Actividades de Construcción y Servicios|ACS]], recibe unha oferta de compra de [[Gas Natural]], que é aceptada.
 
En abril, a Oferta Pública de Adquisición de Accións ([[OPA]]) formulada por Gas Natural sobre o capital social de Unión Fenosa foi aceptada por 317.655.538 accións, representativas do 34,75% do capital social da eléctrica e do 69,54% dos dereitos de voto aos que a oferta se dirixía de forma efectiva.
 
Tras a liquidación da OPA, cuxo período de aceptación concluiu o día 14 de abril, Gas Natural pasou a ser titular dun 84,77% do capital social de Unión Fenosa, e, unha vez liquidados os instrumentos financeiros subscritos con diversas entidades bancarias e un contrato de compravenda de accións, a participación ascendeu ao 95,22% do capital social da eléctrica.
 
A finais de abril, os consellos de administración das dúas compañías aprobaron o proxecto de fusión por absorción de Unión Fenosa e de Unión Fenosa Generación. A ecuación do canxe proposta foi de tres accións de Gas Natural por cada cinco accións de Unión Fenosa.
 
O 4 de setembro de 2009 Unión Fenosa deixou de cotizar no [[Mercado Continuo]], integrándose por completo en Gas Natural.
 
== Notas ==