Vicente Irisarri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
É enxeñeiro naval, estudos que cursou en [[Madrid]] e aos que engade varios cursos de postgrao. A súa experiencia profesional estivo centrada na xestión empresarial, tanto en empresas privadas como públicas. Desempeñou o cargo de presidente de Portos de Galicia, ente público adscrito á [[Xunta de Galicia]], dende onde participou na planificación e xestión do sistema portuario galego.
 
Ligado a Ferrol, exerceu como director da empresa Fenya e tamén da cooperativa Passco. Foi presidente da Xunta do Porto de Ferrol, máis tarde Autoridade Portuaria, nunha etapa na que se remodelou a zona do peirao urbano de Curuxeiras, rexeneráronse as praias de Caranza e A Graña e puxéronse en funcionamento o chamado ‘Novo Peirao’ e a terminal de Endesa.
Liña 8:
No eido deportivo, fundou e dirixiu durante 18 anos o Océano Surf Clube e a competición internacional Pantín Classic.
 
Tras unha dilatada traxectoria como militante político, e precandidato á Alcaldía de [[Ferrol]] nunhas primarias internas dos socialistas, Irisarri foi nomeado candidato a alcalde de cara ás eleccións de maio de 2007, abandonando o seu cargo de presidente de Portos de Galicia.
 
A súa candidatura foi a máis votada o [[27 de maio]], con 9 dos 25 concelleiros da corporación, fronte aos 4 con que contaban os socialistas no mandado precedente. Porén, a súa condición de maioría relativa obrigou a asinar o 15 de xuño un pacto de gobernabilidade con [[Esquerda Unida-Izquierda Unida]] (EU-IU).
 
Ese pacto quedaría rachado en outubro de 2008, intre dende o que os socialistas afrontan o goberno da cidade en minoría.