Diferenzas entre revisións de «Manuel García Blanco»

arranxos e cat
m
(arranxos e cat)
'''Manuel García Blanco''', nado o [[19 de decembro]] de [[1882]] no [[castelo de Pambre]] ([[Palas de Rei]]) e finado en [[Lugo]] en [[1974]] o mesmo mes e día do seu nacemento, foi un personaxe da vida cultural galega.
 
== Traxectoria ==
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos 1903 e 1915.
 
Tamén escribe no xornal ''[[El ProgesoProgreso (xornal)|El Progreso]]'', asímesmoasí mesmo de Lugo, entre os anos 1911 e 1927.
 
As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, histórica, asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e filoloxía foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacencianacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
 
===As ''Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega''===
No ano 1912 publicou ''[[Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega]]'', asinado baixo as iniciais M. G. B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[El Heralddo de Vigo]]''.
 
Sen que, non obstante, acadara a trascendenciatranscendencia necesaria, sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan poderadasponderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego<ref>Alonso Montero, Xesús: in Gran Enciclopedia Gallega, "García Blanco, Manuel" (Silverio Cañada Edit.; Xixón 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - Diario de Pontevedra, 2003)</ref>.
 
====Tradución ao galego====
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', órgano voceiro decenario das [[Irmandades da Fala]], correspondente ao 10 de marzo do ano 1917, anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', por motivos que se nos escapan só se editará a primeira delas, no número 17 da revista, do 30 de abril do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que
 
''"Trata d'un modo maxistral do estado de deixadés á que ten chegado o noso idioma materno e do xeito pra achegarnos ao seu rexurdimento. Con algunhas apreciacións do autor non estamos conformes<ref>Polos comentarios da redaccion de A Nosa Terra publicados ao pé da primeira -e única- entrega publicada, as disensións parecían facer referencia maiormente ao pesimismo de García Blanco a teor do proceso de recuperación da lingua, no que as Irmandades apreciaban un meirande progreso.</ref>, mais é merecente dos nosos laudes a ansia querendosa que quer espertar nas almas dos bos galegos pra que afinquemos na fonte esgrevia da nosa nobre fala a persoalidade de Galicia [...] os nosos suscritores hannos d'agradecer que pol-a nosa mediación conozan tan proveitoso e patriótico traballo.
 
===Deriva académica e cesura na publicación===
O seu ''cursus academicus'' víuseviuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de Literatura do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano 1940, en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística.
 
Malia esta contrariedade, exercerá como Profesor de diversas materias (latín, francés e outras especialidades) no Instituto de Lugo, tarefa que tomará con gosto como unha agradábel actividade complementaria que lle permite incrementar os ingresos do salario oficial á par que rachar co prosaico do traballo oficinesco, facéndoo merecente da agarimosa lembranza de varias xeracións de alumnos que non deixarán de agradecer o seu maxisterio mesmo en escritos publicados moitas décadas despois.
 
===O ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''===
Xa no ano 1940, dentro do Servicio de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico e toponímico da provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no 1944 as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüístalingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
===Vida persoal e familiar===
Modesto efoi pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a interesada ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do século XX. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto inxenioenxeño irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[FalanxeFalange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma alemán, este lle ofereceuofreceu ir ao Berlín nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que '' "Tería que reler a Kant"'' (facíao en alemán!), mesturando as súas características modestia e ironía prapara evitar quedar forzado polas circunstancias a unha situación que en absoluto consideraba do seu agrado.
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desfacerse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{DEFAULTSORT:Garcia Blanco, Manuel}}
[[Categoría:Personalidades de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Palas de Rei]]
 
{{seniw}}
93.086

edicións