Pantocrátor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.5.2) (bot Engadido: es:Pantocrátor
Sen resumo de edición
Liña 2:
Na imaxinería relixiosa [[cristianismo|cristiá]], o atributo '''pantocrátor''' aplícase para referirse a [[Deus]] pai omnipotente ou tamén a [[Cristo]]. O termo vén do grego ''pantokrátor -átoros'', formado de ''pâs pantós'', todo, e dun derivado de ''krátos'', forza, poder, de onde o seu significado de ''todopoderoso''. Na [[mitoloxía grega]] era un atributo de [[Zeus]].
 
Representouse xa na [[arte bizantina]] e [[arte románica|románica]], na forma de Deus bendecindo ó espectador coa man dereita levantada; na man esquerda sostén os [[Novo Testamento|Evanxeos]]. Pode aparece-la figura completa, sentada no trono, ou só o busto. Cando representa a figura de Deus pai adoita mostra-lo fillo, Xesus, no colo. Sexa como for, a figura inscríbese –case sempre- nun cerco oval en forma de améndoa, denominado ''mandorla'', coas figuras dos catro evanxelistas ó redor formando o [[tetramorfos]].Os tetramorfos están formados polos catro evanxelistas: Mateo (home alado),Marcos(león alado),Lucas (touro alado) e Xoán (aguia).
 
Nas [[igrexa]]s cristiás pode aparecer esculpido no [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] da [[portada (arquitectura)| portada]] ou pintado na parede central ou na bóveda da [[ábsida]].