Diferenzas entre revisións de «Manuel García Blanco»

sen resumo de edición
'''Manuel García Blanco''' naceunado o 19 de decembro do ano 1882 no [[castelo de Pambre]] (lugar d'[[A Torre]], [[Palas de Rei]], [[Lugo]]), pertencente á súa familia dende o ano 1702. Finou na cidade de Lugo no ano 1974, o mesmo mes e día do anoseu 1974nacemento.
 
 
 
===Formación===
===Estudios universitarios e ingreso na administración===
 
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, véndose influído polo maxisterio intelectual de [[Francisco Giner de los Ríos]], filósofo, pedagogo e ensaísta español, fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]].
Tamén escribe no xornal ''[[El Progeso]]'', asímesmo de Lugo, entre os anos 1911 e 1927.
 
As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, histórica, asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e filoloxía foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacencia-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
 
 
===Vida persoal e familiar===
 
Modesto e pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]] e, [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a interesada ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do século XX. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto inxenio irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falanxe Española]] en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma alemán, este lle ofereceu ir ao Berlín nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que'' "Tería que reler a Kant"'' (facíao en alemán!), mesturando as súas características modestia e ironía pra evitar quedar forzado polas circunstancias a unha situación que en absoluto consideraba do seu agrado.
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desfacerse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
Usuario anónimo