Castelo de Pambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 29:
García Blanco tentou en numerosas ocasións a posta en valor da construción perante a Deputación Provincial de Lugo e o Ministerio de Cultura, ben que de xeito desafortunado debido ao desinterese administrativo. Mediante a súa amizade e influencia na Comisión de Monumentos de Lugo conqueriu a admisión de varias pezas arqueolóxicas para o Museo Provincial de Lugo, como unha colección de muíños de época romana e outros materiais que constan como doazón súa, como a interesante lápida sepulcral do capitán Payo Varela, alcaide da fortaleza, e da súa dona, datada no ano 1620. Foi, asi mesmo, autor de algún estudo sobre Pambre, debéndoselle a el o trazado da pranta da construción máis exacto do que aínda se dispón, publicado no tomo correspondente da obra de [[Eduardo Seijas]] [[Fortalezas de Lugo y su provincia]].
 
No ano 1974 a fortaleza e as terras unidas á propiedade foron vendidas a [[Manuel Taboada Fernández]], quen pronto se despreocupou pola posesión, pechándoa e rematando co seu uso, véndose de tal xeito moi deteriorada durante os seguintes anos, o que provocou dende os anos 90 do século XX numerosas e periódicas protestas populares reclamando a súa posta en valor e uso público. Á súa morte, no ano 20102009, doouno testamentariamente á congregación relixiosa benéfica dos Irmáns Misioneiroa dos Enfermos Pobres da cidade de Vigo, quen manteñen negociacións coa Xunta de Galicia procurando unha xestión pública do simbólica construción.