Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Manuel García Blanco''' naceu o 19 de decembro do ano 1882 no [[castelo de Pambre]] (lugar d'[[A Torre]], [[Palas de Rei]], [[Lugo]]), pertencente á súa familia dende o ano 1702. Finou na cidade de Lugo o mesmo mes e día do ano 1974.
 
 
Liña 27:
No ano 1912 publicou ''[[Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega]]'', asinado baixo as iniciais M. G. B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[El Heralddo de Vigo]]''.
 
Sen que, non embargante, acadara a trascendencia necesaria, sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan poderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego<ref>Alonso Montero, Xesús: in Gran Enciclopedia Gallega, "García Blanco, Manuel" (Silverio Cañada Edit.; Xixón 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - Diario de Pontevedra, 2003)</ref>.
 
 
====Tradución ao galego====
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra]]'', órgao voceiro decenario das [[Irmandades da Fala]], correspondente ao 10 de marzo do ano 1917, anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', por motivos que se nos escapan só se editará a primeira delas, no número 17 da revista, do 30 de abril do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que
 
''"Trata d'un modo maxistral do estado de deixadés á que ten chegado o noso idioma materno e do xeito pra achegarnos ao seu rexurdimento. Con algunhas apreciacións do autor non estamos conformes<ref>Polos comentarios da redaccion de A Nosa Terra publicados ao pé da primeira -e única- entrega publicada, as disensións parecían facer referencia maiormente ao pesimismo de García Blanco a teor do proceso de recuperación da lingua, no que as Irmandades apreciaban un meirande progreso.</ref>, mais é merecente dos nosos laudes a ansia querendosa que quer espertar nas almas dos bos galegos pra que afinquemos na fonte esgrevia da nosa nobre fala a persoalidade de Galicia [...] os nosos suscritores hannos d'agradecer que pol-a nosa mediación conozan tan proveitoso e patriótico traballo.
Liña 38:
:::''Esquenceran os patrios acentos,''
:::''Suidosos e brandos''
::::::::''Pondal"''<ref>Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.</ref>
::::::::''Pondal"''
 
 
Liña 49:
===O ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''===
 
Xa no ano 1940, dentro do Servicio de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico e toponímico da provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no 1944 as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüísta galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
 
===Vida persoal e familiar===
 
Modesto e pouco amigo da celebridade e a adulación, (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da predictadura,preditadura) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]] e [[Luís Pimentel]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a atenta e admiradainteresada ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do século XX. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto inxenio irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de Falanxe Española en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma alemán, este lle ofereceu ir ao Berlín nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que'' "Tería que reler a Kant"'' (facíao en alemán!), mesturando as súas características modestia e ironía pra evitar quedar forzado polas circunstancias a unha circunstanciasituación que en absoluto consideraba do seu agrado.
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desfacerse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.