Castelo de Pambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: retiro libro e arranxo o formato
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en [[Galicia]], e das poucas que quedaron en pé trala [[Irmandiños|revolta irmandiña]]. Atópase en bo estado de conservación.
 
A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre baixo a advocación de San Pedro, patrón da parroquia de Pambre, dividida en dous lugares: a aldea de San Pedro e o lugar d'A Torre.
 
Hoxe coñecido como "Castelo de Pambre", tal denominación popularízase en Galicia, máis que debido a súa cualidade de tal, a partir da publicación no ano 1895 da novela [[O Castelo de Pambre(novela)]], de [[Antonio López Ferreiro]], xa que con anterioridade era coñecido como Torre de Pambre (e así aparece citada na cartografía dos séculos anteriores), denominación aínda habitual entre as xentes da Ulloa.
 
==Historia==
As lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito rápido pola xustificada premura de Gonzalo Ozores de Ulloa, como de seguido se explica. De tal feitío queda constancia no abondoso e variado das marcas de canteiro labradas nos sillares de toda a construción, o que denota un gran número de artesáns traballando na obra durante un breve período de tempo, do que asemade dá fe a unicidade e coherencia do seu estilo arquitectónico, dun gótico avanzado.
As lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite.
 
Durante anos, o lugar foi escenario das loitas entre [[Pedro I de Castela|Pedro O Cruel]] e [[Henrique II de Castela]].
Liña 17 ⟶ 21:
Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos [[irmandiños]], e salvouse grazas á astucia de [[Sancho Sánchez de Ulloa]] que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en [[Melide]] e que, ante as esixencias de que entregase o castelo e temendo pola súa vida, decide fuxir salvando a vida e o castelo que foi respectado polos irmandiños.
 
Durante o [[século XV]] a fortaleza exerceu a función militar e tamén a de [[fielato]] como lugar de paso obrigado e suxeito ao pago do [[portádego]] polo uso do camiño. Despois de pasar á propiedade dos [[familia Ulloa|Ulloa]], en [[1484]], pasou a propiedade dos condes de [[Monterrei]]. En [[1895]], o [[duque de Alba]] vendeu a fortaleza xunto cos seus bens e outros edificios a don Xosé Soto, veciño de Palas de Rei, por 27.000 pesetas. Por último, despois de pertencer a Manuel Moreiras e [[Manuel García Blanco]] dende [[1912]], na actualidade é propiedade de don [[Manuel Taboada Fernández]].
 
No documento de aforamento a perpetuidade outorgado no ano 1702 a Manuel Moreiras (quen xa viña exercendo de caseiro) xa se cita que só restan en pé os lenzos exteriores da construción, adicada, xunto cuhas 40 hectáreas da contorna, a explotación agropecuaria.
 
No ano [[1895]] un secretario do [[duque de Alba]] vendeu a fortaleza xunto cos seus bens e outros edificios ao veciño de Palas de Rei Xosé Soto por 27.000 pesetas, nunha escura manobra que contradicía os termos do aforamento a perpetuidade outorgado case douscentos anos antes. Tras os correspondentes preitos, a propiedade confirmouse para a familia Moreiras no 1912 na persoa de Manuel Moreiras, de quen o herdaría o seu irmán materno [[Manuel García Blanco]], lembrado catedrático no Instituto de Lugo, Delegado de Estatística provincial e autor de obras de investigación toponímica e en defensa da lingua galega.
 
García Blanco tentou en numerosas ocasións a posta en valor da construción perante a Deputación Provincial de Lugo e o Ministerio de Cultura, ben que de xeito desafortunado debido ao desinterese administrativo. Mediante a súa amizade e influencia na Comisión de Monumentos de Lugo conqueriu a admisión de varias pezas arqueolóxicas para o Museo Provincial de Lugo, como unha colección de muíños de época romana e outros materiais que constan como doazón súa, como a interesante lápida sepulcral do capitán Payo Varela, alcaide da fortaleza, e da súa dona, datada no ano 1620. Foi, asi mesmo, autor de algún estudo sobre Pambre, debéndoselle a el o trazado da pranta da construción máis exacto do que aínda se dispón, publicado no tomo correspondente da obra de [[Eduardo Seixas]] [[Fortalezas de Lugo y su provincia]].
 
No ano 1974 a fortaleza e as terras unidas á propiedade foron vendidas a [[Manuel Taboada Fernández]], quen pronto se despreocupou pola posesión, pechándoa e rematando co seu uso, véndose de tal xeito moi deteriorada durante os seguintes anos, o que provocou dende os anos 90 do século XX numerosas e periódicas protestas populares reclamando a súa posta en valor e uso público. Á súa morte, no ano 2010, doouno testamentariamente á congregación relixiosa benéfica dos Irmáns Misioneiroa dos Enfermos Pobres da cidade de Vigo, quen manteñen negociacións coa Xunta de Galicia procurando unha xestión pública do simbólica construción.
 
 
==Descrición e características==
Liña 42 ⟶ 55:
A fachada do mediodía presenta unhas defensas similares. Unha ventá conserva a inscrición Ave ''María'' en caracteres góticos.
 
Neste castelo foi atopada unha lápida sepulcral pertencente aos fillos doao capitán Payo Varela e a súa dona, alcalde da fortaleza, datada en [[1620]] e que se atopa no [[Museo arqueolóxico provincial de Lugo]], entre as doazóns de [[Manuel García Blanco]].
 
===Lendas===
 
Ademais de a xa citada encol do seu ergueitemento polos mouros nunha soa noite, arredor da fortaleza fóronse tecendo outras lendas, coma a citada, con menor ou meirande base histórica. Así, entroutras, atopamos a que mantén que un nobre francés peregrinando a Santiago, logo de ser atacado por bandidos, foi auxiliado polo señor do castelo, que o atendeu xunto coas súas dúas fillas deica sanar. Voltando xa de Compostela á súa patria, o nobre recuncou agradecido en Pambre, onde pediu a man dunha delas da que ficara namorado, marchando os dous á súa lonxana terra. A irmá, agardando solitaria polo seu cabaleiro, morreu de saudade, habendo quen asegura que a súa pantasma aínda pode verse de cando en vez ollando cara ao Camiño de Santiago dende certas xanelas das torres do castelo.
 
==Galería de imaxes==