Estadio Anxo Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 22:
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en [[Terceira división española|Terceira División]], con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o [[31 de agosto]] de [[1974]]. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o [[Club Lemos]] e o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]]. O CD Lugo venceu aos de [[Monforte de Lemos|Monforte]] na quenda de [[penalti]]s e perdeu a final cos [[A Coruña|herculinos]] por 1-0.
 
No ano [[2001]] o estadio foi remodelado e modernizado,<ref>[http://www.miliarium.com/anci/ANCInforma/ANCInforma01.pdf ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo]</ref> xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos [[arquitecto]]s José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, con cadeiras para tódolos seareiros, da prantaplanta baixa e creáronse novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento ([[Segunda División B española|Segunda B]]) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O [[3 de xaneiro]] de [[2007]] desputouse a final da [[Copa Xunta de Galicia 2006]], que enfrontou ao [[CD Lugo]] e ao [[Celta de Vigo]] (2-3).
 
==Notas==