Cinema negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fa:فیلم نوآر
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''cinema negro''' ou '''film noir''' é un xénero cinematográfico que se desenvolveu nos [[Estados Unidos]] durante a década de [[1940]] e [[1950]]. Adoitase ser considerado como o primeiro filme deste tipo ''El halcón maltés'', de [[John Huston]], con [[Humphrey Bogart]] e [[Mary Astor]], estreada en 1941.
 
== Características ==
 
== Caracteríticas ==
O termo de ''film noir'' foi acuñado por vez primeira polo italiano [[Nino Frank]] e é usado pola crítica cinematográfica para describir un xénero de definición bastante imprecisa, cuxa diferenciación doutros xéneros como o cinema de [[gángster]]s ou o [[cinema social]] é só parcial. Decote, os filmes caracterizados como de cine negro xiran arredor de feitos delituosos e criminais cun forte contido expresivo e unha característica estilización visual. A súa construción formal está preto do [[expresionismo]]. Emprégase unha linguaxe elíptica e [[Metáfora|metafórica]] onde se describe a escena caracterizado por unha [[iluminación]] tenebrosa en claroscuro, escenas nocturnas con humidade no ambiente, xógase co uso de sombras para exaltar a [[psicoloxía]] dos personaxes. Algúns destes efectos eran especialmente impactantes en branco e negro. Asemade, a personalidade dos personaxes e as súas motivacións son difíciles de estabelecer (caso paradigmático son os detectives privados, frecuentes protagonistas do xénero, tales como [[Sam Spade]] ou [[Philip Marlowe]]). As fronteiras entre bos e malos esvaécense e o [[heroe]] acostuma a ser un [[antiheroe]] atenazado por un pasado escuro.