Estadio Anxo Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
==Historia==
O [[estadio Anxo Carro|Anxo Carro]] está situado á beira do [[Río Miño]]. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de [[tenis]]. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benefactor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en [[1934]].
O estadio Anxo Carro inaugurouse o [[31 de agosto]] de [[1974]] nun trofeo triangular que enfrontou ao [[Club Deportivo Lugo]], ao [[Club Lemos]] e ao [[Deportivo da Coruña]], que venceu o equipo coruñés. O [[3 de xaneiro]] de [[2007]] desputouse a final da [[Copa Xunta de Galicia 2006]], que enfrontou ao [[CD Lugo]] e ao [[Celta de Vigo]] (2-3).
 
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en [[Terceira división española|Terceira División]], con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o [[31 de agosto]] de [[1974]]. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o [[Club Lemos]] e o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]]. O CD Lugo venceu aos de [[Monforte de Lemos|Monforte]] na quenda de penalties e perdeu a final cos [[A Coruña|herculinos]] por 1-0.
 
No ano [[2001]] o estadio foi remodelado e modernizado,<ref>[http://www.miliarium.com/anci/ANCInforma/ANCInforma01.pdf ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo]</ref> xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos [[arquitecto]]s José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, con cadeiras para tódolos seareiros, da pranta baixa e creáronse novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento ([[Segunda División B española|Segunda B]]) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O [[3 de xaneiro]] de [[2007]] desputouse a final da [[Copa Xunta de Galicia 2006]], que enfrontou ao [[CD Lugo]] e ao [[Celta de Vigo]] (2-3).
 
==Notas==