Demostrativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
+ ligazóns
Lmbuga (conversa | contribucións)
revisión
Liña 4:
 
==Orixe==
O [[paradigma]] do demostrativo [[Latín|latino]], orixe do presente nas [[Lingua romance|linguas romances]], era, máis amplo co das destas. Á parte dun [[sistema]] de tres elementos (HIC, HAEC, HOC / ĬSTE, ĬSTA, ĬSTUD / ĬLLE, ĬLLA, ĬLLUD), existía un demostrativo de identidade (IDEM, EADEM, IDEM), outro de identidade adversativa (IPSE, IPSA, IPSUD) e un anafórico (IS, EA, ID).
 
A mesma potencialidade expresiva e o moito uso dos demostrativos provocou a súa rápida evolución e a transformación do seu paradigma. O primeiro que se perdeu, xa no período posclásico, foi IS, substituído por HIC. Inmediatamente, o escasomínimo corpo [[Fonética|fónico]] e a desvalorización [[semántica]] provocan a desaparición de HIC, do cal só quedan restospegadas en vocábulos lexicalizados como HAC HORA > ''agora'', HOC ANNO > ''hogano'', PER HOC > ''pero''.
 
Iniciada xa a reestruturación do sistema latino, ĬLLE pillou o valor anafórico de IS e HIC especializándose en dúas funcións., o [[pronome persoal]] de terceira persoa e o [[artigo]] en romance.
 
No [[latín]] falado existía a tendencia a reforza-los demostrativos mediante IPSE ou antepondo a partícula ECCE. Así, xunto a ĬSTE, existía ECCISTE e, xunto a ĬLLE, ECCILLE. ECCILLE (> ''aquel'') quedou como única forma deíctica ante o anafórico ĬLLE.
Liña 14:
A desaparición de HIC fai que ĬSTE ocupe o primeiro chanzo da deíxe, dando lugar a un paradigma deíctico bimembre: ĬSTE (> ''este'') / *ACCUĬLLE (> ''aquel''). Esta é a realidade que aínda se mantén nalgunhas linguas romances.
 
Noutras linguas IPSE pasa a se-lo 2º chanzo deíctico, perdendo a posibilidade de expresa-la identidade, a calsecal se expresará congrazas a reforzos como o a partícula MET: METIPSI(SSI)MUM > *''medipsimu'' > ''medesmo'' > ''meesmo'' > ''mesmo''.
 
==Véxase tamén==