Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

m
+Cat.
m (+Cat.)
{{Coordenadas|42_58_49_N_7_41_9_W| 42° 58′ 49″ N ; 7° 41′ 9″ O.}}
 
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-02.JPG|thumb|250px|Fachada]]
 
O '''templo romano de Santalla de Bóveda''' é un santuario tardorromano datado entre os [[século II|séculos II]] e [[século IV|IV]], situado na parroquia de [[Santalla de Bóveda de Mera, Lugo|Santalla de Bóveda de Mera]], concello de [[Lugo]], a uns 14 quilómetros da capital. Está semisoterrado a carón da actual igrexa de Santalla. Foi descuberto en [[1926]] e os arqueólogos non souberon dar ata agora unha explicación segura da súa orixe e finalidade.
 
==Descubrimento e restauración==
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|thumb|250px|Interior do templo]]
 
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]], cando o párroco do lugar, José María Penado, descubriu a súa existencia. En [[1926]], a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí a escavación e recuperación dos restos.
 
A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda, da que hoxe só queda memoria polas fotografías realizadas daquela e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos [[Museo Provincial de Lugo|Provincial]] e [[MusaeoMuseo Diocesano e Catedralicio de Lugo|Catedralicio]] de Lugo.
 
Ó redor dos anos cincuenta do pasado século realizouse unha nova campaña de escavacións que puxo en evidencia a existencia da piscina central, que estaba reenchida con entullos e cuberta por un lousado de pedra.
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-19.JPG|thumb|250px|Vista do interior do templo]]
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-06.JPG|thumb|250px|Pinturas da bóveda (lado norte)]]
 
O templo é de planta cadrada, duns 6x6 metros interiores, cunha [[nave (arquitectura)|nave]] central con [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] de canón da que só se conservan os comezos, cubertos por pinturas sobre estuco. No centro posúe unha pequena piscina ou estanque, de aproximadamente 3x3 m e de escasa profundidade, con tres columnas ó seu redor <ref>Que, como veremos, non conservan a colocación orixinal.</ref>. Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas ''in antis''. A porta presenta [[arco (arquitectura)|arco]] de ferradura, o máis antigo da arquitectura española <ref>E mesmo de toda Europa, segundo o folleto explicativo do monumento editado pola Xunta de Galicia en 2008.</ref>.
 
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente deaparecidadesaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.
 
As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están [[faisán]]s, [[perdiz|perdices]], [[pomba]]s, [[galo]]s e [[ganso]]s, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.
 
==Evolución histórica==
Nas obras de restauración levadas a cabo a finais dos anos oitenta realizouse unha lectura estatigráficaestratigráfica de alzados que permitiu establecer cinco fases construtivas, nun estudo aínda sen rematar.
 
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-04.JPG|thumb|250px|Placa superior do templo (no primeiro plano da fotografía) e os restos que se conservan da bóveda superior (á esquerda)]]
==Hipóteses de uso==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-22.JPG|thumb|250px|Relevo na fachada]]
 
Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses [[Mitra]] ou [[Cibeles]], templo romano, tumba de [[Prisciliano]], santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, abonado polo achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.
 
[[Categoría:Arquitectura relixiosa en Lugo]]
[[Categoría:Monumentos de Lugo]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural]]
 
[[es:Santa Eulalia de Bóveda]]
42.198

edicións