Reino de Mira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: de:Mira (Anatolien)
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Mira''' foi un reino da parte occidental de [[Anatolia]], que era tributario de [[Arzawa]] e despois dos [[hititas]]. Xurdiu sobre o [[-1430]]. Atopábase ao norte e noroeste de [[Psidia]] ([[Hapalla]]).
 
== Historia ==
O rei [[Maskhuiluwas]] foi asediado polos seus irmáns e obrigado a fuxir a [[Hattusas]]; o novo rei proclamado chamouse Kupanta-Kurunta, nome que parece indicar unha tendencia antihitita. [[Suppiluliumas I]], (que reinou no segundo cuarto do [[século –XIV]]), viu esta revolta perigosa e deu á súa filla en matrimonio a Maskhuiluwas, ao que despois instalou en [[Kuwaliya]] (Hapalla fíxose finalmente co control do reino de Mira) e utilizou o título de rei de Mira e Kuwaliya. O título de rei de Mira foi usado polo rei de Hapalla.
 
[[Piyama-Kurunta]] de Arzawa, en guerra co rei [[Mursilis II]], atacou a Maskhuiluwas de Mira, e posibelmente destruíu a cidade de Impa, pero Maskhuiluwas rexeitouno nunha batalla e volveu á súa capital [[Hapanuwa]], onde seguiu leal aos hititas aos que debía o trono.
 
Mursilis II, triunfante dos reis de Arzawa, foi a Kuwaliya, onde estableceu gornicións (entre elas en [[Impa]]), aparentemente para agradecer a Maskhuiluwas a súa axuda contra Arzawa. Tamén estableceu unha gornición en Hapanuwa e confirmou a Maskhuiluwas a terra de Kuwaliya e a de Mira. Hapalla foi concedida a un tal Targasnallis. Os reis de Mira-Kuwaliya, Hapalla e o río [[Seha]] asinaron un tratado recoñecendo ao reino Hitita como soberano ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade. Maskhuiluwas e a súa muller Muwatti (irmá de Mursilis) non tiveron fillos e pediron a Mursilis que recoñecese como sucesor ao sobriño (adoptado como fillo) [[Kupanta-Kurunta]].
 
Maskhuiluwas e a súa muller Muwatti (irmá de Mursilis) non tiveron fillos e pediron a Mursilis que recoñecese como sucesor ao sobriño (adoptado como fillo) [[Kupanta-Kurunta]].
 
Un rei que as taboíñas mencionan como E.gal.pap (os dous puntos están por dúas letras que faltan) sublevouse ao oeste de Hatti durante dez anos. Maskhuiluwas cumpriu de momento a súa palabra e foi á beira do rei hitita pero despois, xa canso da súa tutela, uniuse ao rebelde e incitou á rebelión de [[Pitasa]] ou Pitassa.
Liña 32 ⟶ 31:
*[[Kupanta-Kurunta I]] sobre [[-1310]] - [[-1280]].
*[[Kupanta-Lamna]] sobre [[-1280]] - [[-1240]] (Kupanta-Kurunta II).
 
 
 
[[Categoría:Hititas]]