Abella mestra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: "ainda->aínda".; cambios estética
Liña 2:
A '''abella raíña''' é unha das tres castes que teñen as abellas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas [[obreira]]s [[fertilidade|infértiles]] e pon ovos non fecundados que dan orixe a [[abellón]]s fértiles, por un mecanismo denominado [[partenoxénese]].
 
== Ciclo de vida de Apis mellifera ==
[[Ficheiro:Queencell_0017.JPG|thumb|Celas reais de urxencia na parte inferior dos panais.]]
As abellas melíferas sobreviven ao inverno como colonia, a [[abella raíña]] comeza a desovar na primavera. Isto é probablemente activado polas floracions das que liban o néctar, abundantes xa nesta época. A raíña é a única femia fértil e deposita os [[ovo (bioloxía)|ovos]] dos cales nacerán todas as demais abellas. A [[abella raíña]] non abandona a [[colmea]], salvo durante os [[voos de fecundación]], ou cando se produce un [[enxame]] para dar lugar a unha nova colonia. A raíña deposita os seus ovos, en [[panais de cera]] que as obreiras constrúen con [[cela]]s hexagonais. O ovo despois do terceiro día transfórmase nunha pequena [[larva]] que é alimentada por abéllas ''ama de cría'' ou nodrizas (abellas obreiras xoves). Logo dunha semana, máis ou menos, dependendo da especie, a larva é selada na súa cela por abéllas ama de cría, producíndose o estado de ninfa ou pupa. En aproximadamente outra semana (novamente dependendo da especie), a ninfa emerxe como unha abella adulta.
Liña 8:
As raíñas non son criadas nas típicas celas horizontais do panal, senón que as súas celas son construídas para ser de maior tamaño e en posición vertical. Cando a raíña remata a súa etapa de alimentación larval e se convérte en pupa, desprázase a unha posición cabeza abaixo, desde a cal logo come a súa cela para saír. Durante a etapa de pupa, as abellas obreiras tapan ou selan a cela real. Xusto logo de emerxeren das súas celas, a miúdo as abellas raíña producen un son o cal crese é un reto a outras raíñas a batallar.
 
As abellas raíña viven unha media de tres anos. As obreiras viven períodos moito máis breves, de menos de tres meses en media, aindaaínda que esta é unha estimación variable que depende tanto da época estacional como da carga de traballo.
 
As abellas raíña liberan [[feromona]]s para regular as actividades da colmea. Moitas abellas obreiras tamén producen feromonas para comunicarse con outras abellas.
 
== Ciclo da raíña ==
{| style="border: 1px solid #ccd2d9; width: 90%; " cellspacing="1"
|- bgcolor="Khaki"
Liña 33:
 
 
== Funcións da abella raíña ==
A abella raíña é a nai de toda a colonia, segundo poña un ovo fecundado del obterase unha abella obreira (femia); ou ben dun non fecundado obterase un abellón (macho).
 
Liña 39:
A raíña produce unha serie de [[feromona]]s que teñen por función evitar que as obreiras desenvolvan postura, marcando a colonia enteira mediante un comportamento de [[trofalaxe]] que resulta de entregarse a comida boca en boca. Produce outra feromonas destinadas a outras finalidades.
 
== Como se produce unha raíña dentro da colmea ==
A raíña é unha larva alimentada por secreciones das abellas obreiras ama de cría durante toda a súa vida. A cela que dará orixe a unha raíña, é denominada [[cela real]], ten a forma alongada, de aproximadamente 2 a 2,5 centímetros de longo. As abellas obreiras ama de cría encherán esta cela real cunha sustancia que secretan denominada [[xelea real]] operculandoa (pechándoa) ao 8º día, e ao día 16 da posta do ovo emerxe a raíña virxe.
 
Liña 45:
Aproximadamente cinco días logo de saír da cela, a raíña virxe fai uns voos de fecundación. Fai varios voos nun período de dous ou tres días, e pode copular con dez ou máis zánganos. Garda o [[esperma]] dos [[abellón]]s nun órgano especial, a [[espermateca]], e non copula máis logo deste período. Na [[colonia (bioloxía)|colonia]] atópase na área do [[niño de cría]].
 
== Voos de fecundación ==
A raíña como xa expresamos en varias oportunidades sae da colmea para realizar varios [[voo de fecundación|voos de fecundación]], adoitan realizar 4 ou 5 durante varios días, sendo o apareamento co abellón en voo, dicimos que é polígama ou poliándrica porque se apareará con varios abellóns.
 
Liña 53:
Ao redor de cinco días logo dos voos de fecundación, a raíña comeza a pór ovos. Durante períodos favorecedores unha raíña boa pode pór máis de 1500 ovos ao día. Factores que afectan a postura son: o clima, o [[néctar (botánica)|néctar]] e a recolección de pole, o tamaño da raíña, e a condición da colonia. O número de ovos postos varía co ciclo anual segundo a variación de néctar e pole dispoñibles. Cando hai entrada de moito pole e néctar as obreiras estimúlanse, dando máis e mellor nutrición á raíña, o cal estimúlaa a pór máis ovos...
 
== Feromonas da raíña ==
Varias das glándulas da raíña producen unha sustancia complexa que se chaman feromonas da raíña. Distribúese por toda a colonia por medio das obreiras que coidan á raíña.
 
Liña 62:
A raíña pode vivir ata catro anos, pero nos trópicos, onde o período anual de postura é máis longo, a raíña non vive tanto. As raíñas vellas non teñen a mesma capacidade de pór ovos que teñen as raíñas máis novas, por iso os [[apicultor]]es prefiren ter raíñas novas, substituíndoas cada dous anos.
 
== Identificación por cores ==
 
{| border="1" cellpadding="5" cellspacing="0" align="right" style="margin-left:1em;"
Liña 91:
Branco para os anos terminados en 1 e 6. Amarelo para os anos rematados en 2 e 7. Vermello para os anos rematados en 3 e 8. Verde para os anos rematados en 4 e 9. Azul para os anos rematados en 5 e 0.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Abella obreira]]
Liña 100:
* [[Abella melífera]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturaapicola.com.ar/apuntes/anatomia/antomia.htm Cultura apícola: anatomía e Bioloxía da abella] {{es}}
* [http://www.apitox.eu Apiterapia: caixas e pinzas]