San Salvador de Budiño, O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ datos desde http://bretema.uvigo.es/aforna/BUDINO/BUDINO.htm
Liña 11:
}}
'''San Salvador de Budiño''' é unha parroquia que se localiza no concello do [[O Porriño|Porriño]]. Segundo o [[IGE]] en [[2009]] tiña 1.985 habitantes (1.005 mulleres e 980 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.979 habitantes.
 
==Xeografía==
Budiño está situada ao sur do concello, e é unha das de maior área. O ecosistema das Gándaras, declarado Espazo Protexido de Interese Natural, o [[río Louro]] forma unha [[lagoa]]. Na parroquia sitúase ademais o [[Faro de Budiño]], de estrutura [[granito|granítica]].
 
A parroquia está atravesada pola [[AP-9]], a [[N-550]] e o ferrocarril de [[Redondela]] a [[Tui]], e acolle os polígonos industriais das Gándaras e A Granxa.
 
==Historia==
Nas escavacións da construción da autovía Vigo-Portugal atopáronse restos prehistóricos de diferentes épocas, como útiles líticos do paleolítico, [[mámoa]]s, e cerámica campaniforme. Estes achádegos consérvanse no [[museo Quiñones de León]] de Vigo e no [[museo de Pontevedra]].
 
A igrexa parroquial de san Salvador ten a súa orixe nun mosteiro construído en [[1083]] pola [[orde de Cluny]], visitado en [[1092]] polo monxe [[Dalmacio]], nomeado posteriormente [[arquidiocese de Santiago de Compostela|bispo de Compostela]]. Esa primeira construción, ocupada por un prior, oito frades e un capelán comensal, tiña carácter provisional. A igrexa foi reconstruída a medidados do [[século XII]] por canteiros que traballaban na primeira fase da [[catedral de Tui]]. O mosteiro foi eliminado en [[1436]], agregándose as súas contas á Mesa Capitular de Tui e quedando o templo como igrexa parroquial. En [[1752]], sendo párroco [[Francisco Antonio Rodríguez de Gutín]], foi destruída en gran parte por mor dun raio, como testemuña a inscrición situada sobre a porta de entrada. Nesa época engadiuse o actual corpo de fachada e o corpo de naves. Foi reconstruída de novo no século XX despois dun gran incendio. Con todo, nin o raio nin o incendio afectaron en exceso á capela maior, que aínda conserva o estilo [[románico]] orixinal.
 
No Barrio do Casal hai unha capela e un peto de ánimas. Malia que a capela está baixo a advocación de Santo Antón, é coñecida popularmente como capela de San Blas, debido a que foi reconstruída cos cartos do usufructo que a confraría de San Blas obtiñas das vendas de gando no antigo campo da feira anexo. A capela orixinal, de orixe medieval, foi reconstruída en 1738. Destaca a cuberta da fachada sur e a escultura do santo da fachada, con hábito franciscano e sostendo un elemento vexetal na destra, mentres é flanqueado por sendas figuras de anxos trompeteiros. O peto de ánimas de San Antón, do século XVIII, está no muro do adro da capela. Trátase dun peto de tipo pechado cunha gran pedra cadrada de base, co caixón de ferro para as esmolas na parte central. Como retablo ten unha folla de lata grosa (o único exemplo galego destas características xunto co peto de [[Goián, Tomiño|Goián]]), na que aparecen San Antón (tonsurado, con hábito e cordón, sostendo nunha das súas mans un rosario), e as ánimas, das que hoxe en día soamente se aprecia a cabeza dunha delas. Aínda se aprecian restos de policromía.
 
==Galería de imaxes==