Diferenzas entre revisións de «Humidade»

lig int
m (bot Engadido: az:Rütubət)
(lig int)
A '''humidade''' é a cantidade de [[vapor de auga]] presente no aire. Pódese expresar de forma absoluta mediante a [[humidade absoluta]], ou de forma relativa mediante a [[humidade relativa]] ou o [[grao de humidade]].

A '''Humidade absoluta''' é o número de [[gramo]]s de vapor de [[auga]] contido nun [[metro cúbico]] de [[aire]]. Exprésase en ''g'' (de vapor de auga)''/m³'' (de aire). Esta medida é independente da temperatura ou a presión.

A cantidade de auga máxima que pode admitir o aire sen condensación varía coa temperatura e a [[presión atmosférica]]. Tamén a facilidade coa que este absorbe o vapor de auga.

No caso de que aire '''non poida admitir máis auga''' dise que o '''aire está saturado''' e tería unha humidade relativa do 100%.

A '''Humidade relativa''' é a humidade que contén unha masa de aire, en relación coa máxima humidade absoluta que podería admitir, sen producirse condensación, conservando as mesmas condicións de temperatura e presión atmosférica. Esta é a forma máis habitual de expresar a humidade ambiental.

Se unha masa de aire ten o 50% de auga respecto á máxima que podería admitir, a súa humidade relativa é do 50%.
Como a capacidade do aire para absorber humidade varía coa temperatura, a humidade relativa aumenta cando descende a temperatura; inda que a humidade absoluta se manteña invariable.

Para a comodidade humana é moito máis interesante a humidade relativa posto que canta maior sexa a capacidade do aire para absorber o vapor, mellor funciona o sistema de [[evapotranspiración]], mecanismo de regulación da temperatura do corpo, inda que se é excesivamente baixa, sécanse as [[mucosa]]s (nariz, boca) e o ser humano é máis propenso á entrada de microbios patóxenos. O grao de humidade máis adecuado para a comodidade do ser humano está comprendido entre 40-70%.

Cando vai calor e humidade, dise que a calor é ''pegañenta'' porque á [[suor]] lle custa evaporarse e permanece na pel.
[[Ficheiro:Psicrometro.jpg|left|thumb|120 px|Psicrómetro]]
Para o [[clima]], tamén é máis interesante a humidade relativa, xa que unha [[masa de aire saturada]], ou próxima á saturación, é unha masa de aire húmido e as plantas poden aproveitar esa humidade, mentres que dunha masa de aire máis seco non, inda que teña maior humidade absoluta.

Cando a humidade chega ó 100%, e empeza a [[condensación|condensarse]] a humidade, estase no [[punto de orballo]]. Esta condensación prodúcese sobre os obxectos, o chamado [[orballo]] ou, se vai moito frío, a [[xeada]]. Se se produce no mesmo aire, fórmase unha [[néboa|borraxeira]].

Para que se produza esta borraxeira debe haber unhas pequenas partículas no aire, chamadas [[núcleo de condensación|núcleos de condensación]], onde se condense a auga.

Os núcleos de condensación, poden ser [[po]], grans de [[pole]], [[espora]]s, cristais de [[cloruro sódico|sal]], etc.

En caso de que non existisen núcleos de condensación no aire, algo moi difícil de conseguir, poderían alcanzarse humidades relativas de ata o 300% sen producirse ningunha borraxeira.

A humidade relativa poódesepódese medir mediante un instrumento denominado [[higrómetro]] ou un [[psicrómetro]]. Un psicómetro esta formado por un [[termómetro de bulbo húmido]] e un termómetro seco. Mídese a [[temperatura húmida]] e pode obterse a humidade relativa mediante o [[ábaco higrométrico]], comparándoa coa temperatura real do termómetro seco.

Para obter a humidade absoluta, debe facerse un cálculo a partir da humidade relativa e a temperatura.

A humidade pódese modificar artificialmente mediante un [[deshumidificador]] para baixala ou un [[humidificador]] para aumentala.

==Véxase tamén==
*[[Humidade do chan]]
===Outros artigos===
*[[Humidade do chansolo]]

== =Ligazóns externas ===
* [http://inicia.es/de/pmaicas/meteo/meteoh.html Cálculos sobre a humidade]

[[Categoría:Física]]
93.030

edicións