Fritz Lang: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
== Traxectoria==
Dificilmente clasificable, as súas películas abrangueron dende o ''[[Film Noir]]'', o ''[[western]]'' ou o cine de espías ata o cine bélico, o aventureiro ou o melodramático. Porén, cómpre salientar a súa época alemá, con filmes como o máximo expoñente do [[expresionismo]] cinematográfico, a visionaria ''[[Metropolis]]'' (1927), ou ''[[Der Testament des Dr. Mabuse]]'' (1933; ''O testamento do Dr. Mabuse'', en tradución literal ao [[lingua galega|galego]]). Da súa xeira americana pódense destacar ''[[You only live once]]'' (1936) (''Só se vive unha vez'') e ''[[The big heat]]'' (1953) (''OA grande calor''; a versión castelá foi traducida como ''Los sobornados'').
 
En 1933 recibiu a proposta de [[Joseph Goebbels]] de se facer cargo dos estudos alemáns de cine [[UFA]], pero Lang, contrario ao [[nazismo]], fuxiu cara a [[Francia]] esa mesma noite, chegando a Estados Unidos o ano seguinte.