Franz Bopp: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
 
== A obra de Bopp ==
Foi Franz Bopp quen, polos seus traballos sobre o [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]], xustificou a [[lingüística comparada]] e quen fundou, por medio do ensino e polas súas publicacións, unha nova disciplina científica: a ''[[gramática comparada]]''. Franz Bopp ademais probou a pertenza das [[linguas célticas]] ao [[indoeuropeo]]. Houbo que agardar aos primeiros anos do [[século XIX]] para que alemáns como Franz Bopp ou os irmáns [[Jacob Grimm|Jacob]] e [[Wilhelm Grimm]], e paralelamente, unha figura máis illada e menos coñecida, o danés [[Rasmus Rask]], abordasen un dominio até entón case inexplorado, que aproveitan oos datos que oferecenofrecen ao observador atento as semellanzas entre as linguas denominadas clásicas ([[lingua grega|grego]], [[latín]]), as [[linguas xermánicas]], as [[linguas eslavas]], [[lingua persa|o persa]] e, sobre todo, o idioma antigo da India, [[sánscrito|o sánscrito]], cuxo coñecemento agora se difunde. A este conxunto, engádenselle, progresivamente, as [[linguas célticas]], as [[linguas bálticas]], o [[lingua armenia|armenio]] e o [[lingua albanesa|albanés]], e logo, son coñecidas, xa no [[século XX]], o [[lingua hitita|hitita]] e o [[lingua tocaria|tocario]].
 
Bopp foi autor dunha obra titánica, plena dun saber que pasma á maioría da xente común: a súa "Gramática comparada das [[linguas indoeuropeas]] que comprende o sánscrito, o zendo, o armenio, o grego, o latín, o lituano, o antigo eslavo, o gótico e o alemán" ([[1833]]-[[1849]]).
 
Rexeitou a idea de que todas as linguas procedesen do sánscrito, pensando máis ben nunha lingua común máis antiga. Prescindiu do misticismo nacionalista que pexaba en ocasións a investigación filolóxica alemá, estudando de forma moderna as linguas, por si mesmas, como obxecto e como medio de coñecemento. Por outra banda, Bopp, xuntamente con [[August Wilhelm Schlegel|Schlegel]], é autor do concepto moderno de [[flexión (lingüística)|flexión]].
 
Entre [[1821]] e [[1864]], Franz Bopp foi profesor en [[Berlín]] de [[sánscrito]], de literatura oriental e de [[lingüística]] xeral. Era membro correspondente do [[Instituto de Francia]] en [[Berlín]].
Liña 26:
{{Commons|Franz Bopp}}
=== Outros artigos ===
*[[Lingüística comparada]].
*[[Indoeuropeo]].
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística|Bopp, Franz]]