Nebulosa protosolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:M42proplyds.jpg|thumb|200px|Pequena porción de [[Nebulosa de Orión|Orión]] con gases que lembran a unha nebulosa protosolar]]
A '''nebulosa protosolar''' foi a nube de gas ou [[disco de acrecemento]] na que se formou o [[Sistema Solar]]. A hipótese nebular foi proposta en [[1755]] polo [[filósofo]] alemán [[Immanuel Kant]] quen hipotetizou que a nebulosa solar rotaba lentamente na súa orixe.

== Historia e características ==
Esta nebulosa solar foise condensando ao arrefriarse e achairando paseniñamente polo efecto combinado das [[forza]]s de [[gravidade]] e [[forza centrífuga|centrífuga]] formando, co tempo, a estrela central e os planetas. Partindo deste modelo [[Pierre-Simon Laplace]] formulou en [[1796]] unha teoría máis detallada, pero non máis acertada, da formación do sistema solar a partir dunha nebulosa rotante primixenea. O concepto moderno equivalente ao de nebulosa solar é o de [[disco de acrecemento]]. Tales [[Disco protoplanetario|discos]] ou nebulosas protoplanetarias puideron ser observados ao redor de estrelas moi novas.
 
A hipótese nebular baséase na observación de que todos os planetas orbitan ao redor do Sol no mesmo sentido e sobre un mesmo plano denominado [[eclíptica]] con lixeiras inclinacións con respecto a esta. Ademais, o plano da eclíptica coincide de maneira aproximada co [[ecuador]] solar.
Liña 10 ⟶ 13:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Sol]]
* [[Formación estelar]]
Liña 17 ⟶ 21:
* [[Nebulosa]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.astrored.net/nueveplanetas/appendices/origin.html A orixe do sistema solar en Astrored] {{es}}
 
[[az:Nebulyar hipotez]]