Padrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: gd:Padrón
Xoacas (conversa | contribucións)
Suprimo sección de persoeiros
Liña 88:
 
Os [[Pemento de Padrón|pementos de Padrón]], están vencellados ao [[mosteiro de San Francisco de Herbón]], onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de [[México]] ou o sur dos [[EUA]].
 
== Padroneses de sona ==
* [[Xoán Rodríguez de Padrón]], escritor (1390-1450)
* [[Rosalía de Castro]], escritora, nada en Compostela (1837-1885)
* [[Ángel Baltar Cortés]], médico (1868-1934)
* [[Ramón Rey Baltar]], médico e escritor (1882-1969)
* [[Camilo José Cela Trulock]], escritor (1916-2002)
* [[Macías o Namorado]], (século XIV)
* [[Pepe Domingo Castaño]], periodista deportivo (n. 1942)
* [[Gerardo Conde Roa]], avogado, empresario e político (n. 1959)
* [[Séchu Sende|Xosé Luis González Sende]], escritor (n. 1972)
 
=== Alonso de la Peña y Montenegro ===
Naceu en Padrón o 27 de abril de 1596, procedente dunha familia nobre. Fixo estudos eclesiásticos e universitarios en [[Santiago de Compostela]], recibindo o grao na capela da Comuñón da catedral.
Posteriormente foi catedrático de teoloxía e rector da Universidade, até que foi nomeado bispo de [[Quito]]. Máis tarde foi nomeado virrei de [[Perú]]. Escribiu a obra ''Itinerario de párrocos...''.
 
Finou en Quito o 12 de maio de 1688, estando alí enterrado, malia que dotara o seu panteón na igrexa de Iria, con sepultura e estatua orante, pero a súa familia non se ocuparou do traslado do corpo, polo que o sepulcro de Iria está vacío.
 
=== Padre Gregorio ===
Nado en Padrón o 28 de agosto de 1767, estudou cos dominicos en Santiago, onde tomou os hábitos. Posteriormente foi profesor de filosofía en Santiago, Oviedo e Ourense. En 1805 doutorouse en teoloxía, e adquiriu sona por ser o impugnador do xesuíta [[Juan Francisco Masdeu]]. Foi nomeado prior do convento de Santiago, e en 1837 conseguiu a cátedra de teoloxía, se ben morreu nese mesmo ano.
 
=== Eduardo Ruiz Pons ===
Nado en Padrón o 19 de setembro de 1819. Estudou Dereito na [[USC]], e involucrouse na vida universitaria da época. Trabou amizade con [[Antolín Faraldo Asorey]] e [[Ramón de la Sagra Peris]], entre outros revolucionarios. Xunto ao comandante [[Miguel Solís]] levantáronse en 1846 contra o ditador [[Ramón María Narváez y Campos|Narvaez]] reclamando un novo estatuto para Galiza, que non tiña representación no goberno. Madrid enviou ao xeneral [[José Gutierrez de la Concha|de la Concha]], que os derrotou en [[Cacheiras, Teo|Cacheiras]] ([[Teo]]). Os doce xefes militares foron sometidos a una farsa de xuízo e fusilados o 26 de abril en [[Carral]] (episodio dos [[mártires de Carral]]). Eduardo Ruiz tivo que emigrar, sendo amnistiado tralo cambio de réxime, e concedéuselle a Cruz do valor.
 
En Madrid exerceu como avogado, estudou ciencias e publicou artigos en ''[[La Discusión]]'', o que lle provocou enfrontamentos. Posteriormente foi profesor de historia natural nos institutos de Oviedo, Pontevedra e Zaragoza. Foi elixido deputado nas eleccións de 1854 pola xurisdición da Coruña. Nas Cortes votou contra a monarquía, polo que tivo que emigrar de novo. O Goberno español informou ao francés, sendo detido 21 días en Bordeaux. Tras unha nova amnistía instalouse en Zaragoza onde publica un programa democrático, motivo polo que é procesado en 1861 e condenado a 1.000 pesetas de multa e 12 anos de cadea. Foi absolto ao ano seguinte, e marchou a [[Genova]] para unirse con [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]], pero este non o aceptou. Entón instalouse en [[Porto, Portugal|Porto]], onde publicou un libro sobre democracia. Alí faleceu en 1865.
 
=== José María Vidal Cepeda ===
Nado en Padrón o 22 de xullo de 1823, estudou latín e filosofía, e despois obtivo o título de piloto. Embarca e realizou diversas rutas até recalar en [[Cuba]], onde comezou a dar clases, a súa verdadeira vocación. regresou a Padrón en 1851, e solicitou a Isabel II poder examinarse como mestre sen pasar pola escola normal. Tras aprobar todas as materias e a reválida, estableceuse nun colexio de Padrón.
 
Casou con Arminda Astray, pero ficou viúvo aos cinco anos. Foi un gran benefactor da vila. Entre as súas doazóns están as escaleiras da ermida de Santiaguiño do Monte, as escaleiras ao convento do Carme, a urna e accesorios da procesión do Vernes Santo e as lámpadas da igrexa de Iria e do altar do convento do Carme. En 1900 financiou a construción do muro do Santiaguiño, entre a ermida e as rochas.
 
Morreu o 14 de abril de 1907, sendo enterrado no camposanto de Adina. No seu testamento deixou como herdeiros á xnte pobre de Padrón. En 1909 instalouse unha placa na casa onde morreu.
 
=== Eloy Artime Perez ===
Nado en Padrón o 30 de outubro de 1872, quedou orfo con 12 anos, e buscou emprego como dependente en Santiago. Con 20 anos estableceu un bazar na rúa da Caldeirería. En 1902 casou no pazo arcebispal de Lestrobe con Camila Astray, filla do médico de Lestrobe, oficiando a cerimonia [[Salustiano Portela Pazos]].
 
Foi un cualificado representante da opinión pública en Padrón y en Santiago, ocupando importantes cargos, como portavoz da Defensa do Progreso de Padrón, alcalde de Santiago, presidente da Liga de Amigos de Santiago, e socio fundador da Sociedad de Amigos del país. Formou tertulia entre outros con [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle Inclán]], [[Raimundo López Pol]], o doutor Devesa e Portela Pazos entre otros.
 
A súa inclinación política era republicana, sendo directivo do Centro Republicano de Santiago. Malia que lle propuxeron ir a Madrid, non quixo. Finou en Compostela en maio de 1929.
 
=== Nicasio Pajares ===
Nado en Padrón o 11 de decembro de 1881, emigrou a Uruguai con 14 anos. Regresou ao ano seguinte e estudou teneduría de libros. Emigrou a Bos Aires e empregouse nun comercio, até que decidiu estudar literatura en [[Rosario, Santa Fe|Rosario]]. Fundou o periódico ''[[El Despertar Hispano]]''. En 1906 volveu para visitar a súa familia, pero foi detido en Vigo por ter un libro considerado subversivo. Ao seu regreso escribiu en revistas. En 1919 casou en Madrid.
 
En 1921 publicou a súa primera novela, ''El conquistador de los trópicos''. Seguíronlle, entre outras, ''El pensador de la selva'', ''Atorrántida'', ''Don Quijote y el tío Sam'' e ''Como pervirtieron a Palleiros''. Finou en Madrid o 26 de abril de 1956, sendo enterrado no cementerio da Almudena.
 
== Padrón na cultura popular ==