Oñati: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35:
A vila de Oñati sitúase na conca alta do [[río Deba]], rodeada de diferentes serras cuxos cumios se encontran entre os máis altos do País Vasco, como o [[Aizkorri]] (1.528 m), [[Aketegui]] (1.544 m), [[Aitxuri]] (1.551 m), [[Andarto]] (1.076 m) ou [[Elgea-Artia]] (1.117 m). O núcleo urbano aséntase nun val no que conflúen os ríos procedentes das serras que o rodean, formando o [[río Oñati|Oñati]], que é afluente do Deba.
 
As montañas están formadas por rocha calcaria que deu lugar a unha gran zona [[karstcarst|kársticacárstica]] con complexos subterráneos de gran extensión e profundidade. Abriuse a visitas turísticas a cova de Arrikrutz como mostra do fenómeno kársticocárstico na zona.
 
=== Hidrografía ===
Liña 129:
*'''[[Santuario de Aránzazu]]''', unha obra expoñente da arte sacro moderna. O proxecto é dos arquitectos [[Francisco Javier Sáenz de Oíza]] e [[Luis Laorga]] do colexio de arquitectos de Madrid; xunto a eles interveñen o escultor [[Jorge Oteiza]], para a fachada principal; o pintor [[Lucio Muñoz]], para a decoración da ábsida; o escultor [[Eduardo Chillida]] para as portas principais de acceso, frei [[Javier María de Eulate]], encargado das vidreiras; e o pintor [[Néstor Basterretxea]], para a decoración das paredes da cripta.
 
* '''[[Cova de Arrikrutz]]''', que forma parte do extenso sistema kársticocárstico de Gesaltza-Arikrutz que se estende baixo o subsolo da pena Madina. O macizo de [[Aitzkorri]] está formado por rochas calcarias e dolomitas procedentes do [[xurásico superior]] e do [[cretácico inferior]]. A extensión do sistema kársticocárstico é de máis de 14 km e está dividido en 6 niveis diferentes. Esta extensión fai que este sistema sexa a maior cavidade de Guipúscoa. Arrikrutz preparouse para visitas turísticas na primavera de 2007; acondicionouse a galería 53, que é unha galería fósil, antigo sumidoiro do río Aldaola. A galería mide uns 500 m e ten un desnivel de 45. Encontráronse neste lugar os restos de multitude de [[óso]]s, cranios de [[pantera]]s e o esqueleto completo dun [[león das cavernas]].
 
Oñati tivo até 15 ermidas. A de Santa María Magdalena ten especial relevancia ao ser o lugar onde se hospedaron os primeiros [[Compañía de Xesús|xesuítas]] que visitaron a vila a mediados do século XVI. Entre eles estaba San Francisco de Borja, que durmía nun chanzo. A tradición é levarse un anaco de dito chanzo como reliquia. En [[1845]] a raíña [[Sabela II]] visitou a ermida levándose o correspondente cachiño de chanzo.