Sturmabteilung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: nl:Sturmabteilung (SA)
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:SA-Logo.svg|thumb|Escudo da SA.]]
 
A '''Sturmabteilung''' ou '''SA''' (que pode traducirse do alemán como División de Asalto) funcionou como organización paramilitar do partido nazi alemán. Desempeñou un papel clave no ascenso ao poder de [[Adolf Hitler]] nos anos 30. Os membros da SA eran comunmente coñecidos como os camisas pardas pola cor do seu uniforme, e para distinguilos dos miembrosmembros da SS ([[Schutzstaffel]]), que eran coñecidos como os camisas negras.
 
O termo Sturmabteilung orixinalmente proviña das tropas especializadas de asalto usadas por [[Alemaña]] na campaña da [[Primeira Guerra Mundial]] en marzo de [[1918]]. En lugar dun asalto en gran masa, a Sturmabteilung estaba organizada en pequenos equipos duns poucos soldados. Isto permitía aos alemáns presionar ás liñas británicas e francesas decenas de quilómetros.
 
O mesmo [[Adolf Hitler]] fundou a SA en [[Múnic]] no ano [[1921]]. Ao principio funcionaba como un grupo de gardacostas para vixiar a orde nas reunións do partido. Orixinalmente o comandante das SA foi [[Hermann Göring]], pero tras o [[Putsch de Múnic]] este fuxíufuxiu a [[Suecia]] e o comando pasou a [[Ernst Röhm]], o maior inimigo de Göring dentro do partido. Baixo o liderado de Röhm, a SA medrou en importancia dentro da estrutura de poder nazi, chegando a sumar centos de miles de membros. A SA levou a cabo numerosos actos de violencia fundamentalmente en contra de grupos socialistas e comunistas durante os anos 20, normalmente en pelexas na rúa menores. As [[Schutzstaffel|SS]] acabaron asumindo o rol orixinal da SA.
 
Despois da toma de poder de [[Hitler]] en [[1933]], a SA buscaba máis poder e víase a si mesma como un reemprazo para o exército alemán. Isto incomodou ao exército regular ([[Reichswehr]]), que xa estaba molesto co partido nazi. Tamén engadiu tensión o que outros líderes dentro do partido (incluidos Göring pola súa vella enemistadeinimizade con Röhm, e [[Heinrich Himmler]], líder da SS que competía cos camisas pardas) visen a Röhm, coa súa poderosa SA, como unha ameaza para as súas ambicións persoais.
 
Para aliarse coas forzas conservadoras dentro do exército alemán e fortalecer así a súa posición dentro do partido nazi, Hitler ordenou a execución do líder da SA, que ocorreu o [[30 de xuño]] de [[1934]], no que é coñecido como a '''[[Noite dos coitelos longos]]'''. [[Victor Lutze]] converteuse no novo líder da SA, e a organización foi pronto marxinada da estrutura do poder nazi.