Cream: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
varios arranxos
*aporta -> achega
Liña 17:
No verán do ano [[1966]], os nominados coma os mellores guitarristas ([[Eric Clapton]]), baixistas ([[Jack Bruce]]) e bateristas ([[Ginger Baker]]) da [[Gran Bretaña]] decidiron unirse e formar o primeiro [[supergrupo]] da historia do [[rock]], xa se coñecían porque estiveran tocando xuntos nun grupo de Blues. Coma eran os mellores o grupo non podía chamarse doutra maneira, The Cream (A Crema), un dos máis grandes talentos do show-business a nivel mundial será o seu manager Robert Stigwood, o experimento durou dous años e seis meses nos cales Cream foi a banda de Rock e Blues máis grande do seu momento, creando grandes éxitos en vendas ou creando escola e adiantándose polo menos tres anos ás tendencias musicais que virían a finais dos anos sesenta.
 
O seu primeiro singlesinxelo editouse en outubro de 1966 e foi ''Wrapping paper'', que foi a carta de presentación do grupo e do son Cream, seguiralle ''I feel free'' co que consolidaron o seu contundente son. Tras traballar duramente conseguen crear máis temas cos que editan o primeiro álbum do grupo, ''Fresh Cream'', que lles catapulta coma o grupo punteiro e máis innovador do momento, a este Lp seguiranlle dous singles, xa considerados ''históricos'', e que no seu día foron grandes éxitos, ''Sunshine of your love'', un tema con moita forza, e ''Strange Brew'', un estraño beberaxe no que cada membro do grupo aportaachega unha sustancia distinta pero que ó unirse produce unha exitosa amalgama.
 
Neste período de inspiración creativa nace o seu segundo álbum ''Disraeli gears'' nos últimos meses de 1967, este disco dará que pensar ós músicos desa época que verán nel as pautas que terán que seguir no futuro. ''Disraeli gears'' foi elixido Lp do ano 68 e os medios de comunicación desfaranse en eloxios sobre este traballo dos Cream. Ó longo de 1968 os Cream realizan unha xira moi exitosa que conclúe coa gravación, metade en directo no Filmore e a outra metade en estudio, do álbum ''Wheels of fire'', este Lp é considerado coma o cumio do son do grupo, denso, pleno e profundo son os cualificativos cos que se pode describir o seu son. Nembargantes a vida do grupo agotouse moi pronto.