The Breeders: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
aportar -> achegar, contribuír
Liña 29:
 
===''Safari'' e ''Last Splash'' ===
Despois de ''[[Pod]]'', The Breeders regresaron aos seus proxectos. [[Pixies]] lanzou ''[[Bossanova]]'' en [[1990]] e ''[[Trompe le Monde]]'' en [[1991]], pero a finais dese ano baixaron o seu ritmo de actividade. Deal negouse a aportarachegar material a un álbum dos [[Pixies]], compoñendo unicamente para editar con The Breeders. A banda gravou o EP ''[[Safari (EP)|Safari]]'' a finais de [[1991]], xa coa irmá xemelga de Kim, Kelley Deal, na guitarra. Despois de gravar o EP, Donelly deixou a banda para formar Belly. [[Pixies]] parou as súas actividades a mediados de [[1992]], polo que Deal continuou compoñendo novo material para The Breeders. Nese tempo Walford era moi reacio a ser identificado como parte de The Breeders, e foi substituído polo baterista Jim MacPherson. A banda xa se convertera nun equipo a tempo completo e foi teloneira de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] na súa xira europea de [[1992]].
 
Coa separación dos [[Pixies]] en xaneiro de [[1993]], The Breeders regresaron ao estudio para gravar o seu segundo álbum. ''[[Last Splash]]'' apareceu no mes de agosto dese ano e foi un éxito comercial. Editáronse tres sinxelos do mesmo, incluído "Cannonball", que acadou o número 2 da ''Billboard Modern Rock Charts''. Grazas a isto a súa popularidade aumentou, en [[1994]] ''[[Last Splash]]'' foi certificado platino pola RIAA e a bandaasegurou o seu posto na xira ''[[Lollapalooza]]''.