Príncipe de Asturias (R-11): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 48:
 
== Historia ==
O portaavións foi construído enno Ferrol pola [[Bazán|Empresa Nacional Bazán]] (agora [[Navantia]]) partindo dun deseño inicial realizado nos Estados Unidos, chamado ''Sea Control Ship'' (SCS) e rematado en [[1977]]. Non obstante, os planos e especificacións entregados non correspondían exactamente coas necesidades españolas, realizando a Empresa Nacional Bazán numerosos cambios e melloras.
 
A orde de execución do buque deuse aos estaleiros de Bazán Ferrol o 29 de xuño de 1977, e a colocación en grada do primeiro bloque prefabricado estaba prevista para mediados de 1979, sendo a data real o 8 de outubro de 1979. A data prevista para a botadura era [[1981]], pero a real foi o 22 de maio de 1982, un ano máis tarde do previsto.<ref>''La Armada Española'' (ISBN 84-7140-172-X)</ref> Entre a botadura e a entrega houbo moito atraso e un importante aumento de custes, debidos, entre outras causas, aos numerosos problemas laborais de Bazán, o cambio nos sistemas de contratación de equipos en plena fase de construción e ás modernizacións que impuxo a Armada durante esta fase.<ref> ''La Aeronáutica en la Armada, El reto de los 90'' EN Bazán (1988) (ISBN 84-87063-01-2)</ref>