Convención de Montreux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 41:
== Despois 1936 ==
 
A convención permanece en vigor, con emendas, mais con controversias. Foi repetidamente desafiada pola [[Unión Soviética]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]] e a [[Guerra Fría]]. A partir de [[1939]], [[Stalin]] procurou reabrir a cuestión dos estreitos e propuxo un control conxunto turco-soviético, afirmando que "un Estado pequeno [i.e., a [[Turquía]]], apoiado polo [[Reino Unido]], asfixiou a un grande Estado e non lle deu ningunha saída".<ref>Deborah TrasWelch aLarson, ''Origins of Containment: A Psychological Explanation'', p. 203. Princeton University Press, 1989. ISBN 0691023034</ref> Trala sinatura do [[Pacto Molotov-Ribbentrop]] pola Unión Soviética e a [[Alemaña Nazi]], o ministro de exteriores soviético [[Vyacheslav Molotov]] comunicou aos seus interlocutores alemáns que a URSS pretendía tomar o control militar dos estreitos e estabelecer alí unha base.<ref>Christos L. Rozakis, Petros N. Stagos, ''The Turkish Straits'', p. 44. Martinus Nijhoff Publishers, 1987. ISBN 9024734649</ref> Moscú voltou ao tema no [[1945]] e [[1946]], ao esixir a revisión do [[tratado]] nunha conferencia que excluía a maior parte dos signatarios. A Turquía rexeitou a proposta, a pesar da "estratexia de tensión" emprendida polos soviéticos. Por moitos anos tras a Segunda Guerra Mundial, a URSS explorou a restrición do número de naves de guerra estranxeiras que podían cruzar os estreitos, sempre mantendo alí un navío de guerra soviético, o que impedía legalmente a calquera outro país, alén da Turquía, o envío de belonaves.<ref>"Montreux Convention (1936)." ''The Companion to British History'', Routledge. 2001.</ref> A presión soviética levou a Turquía a abandonar a súa política de neutralidade: no [[1947]], comezou a recibir asistencia militar e económica dos [[Estado Unidos de América]] e, en [[1952]], adheriuse á [[OTAN]].<ref>"Turkey 1." ''The Columbia Encyclopedia'', 2004.</ref>
 
A Unión Soviética e súa sucesora, [[Rusia|Federación Rusa]], procuraron repetidas veces eliminar a prohibición do paso de [[Portaavións|portaaeronaves]], ao clasificar grandes navíos de guerra equipados con aeronaves de "cruceiros pesados porta avións", aínda que os países do [[mundo occidental|Occidente]] os considerasen coma portaavións. En [[1976]], a URSS enviou o navío portaaeronaves ''Kiev'' a través dos estreitos e no [[1991]] ao ''Almirante Kuznetsov''.
 
En abril do [[1982]], a convención foi emendada para permitir á Turquía pechar os estreitos ao seu criterio, en tempo de paz ou de guerra.<ref>"TURKEY." ''The Encyclopedia of World History.'' 2001.</ref>
 
A [[Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar]], que entrou en vigor en novembro de [[1994]], levou ao xurdimento de propostas de revisión da Convención de Montreux para adaptala ao novo tratado multilateral, que prevé un réxime xeral para estreitos usados pola navegación internacional. Todavía, a negativa de Turquía a asinar a Convención sobre o Dereito do Mar significa que o réxime de Montreux continua en vigor.<ref>"Montreux Convention". Boleslaw Adam Boczek, ''International Law: A Dictionary'', pp. 305-306. Scarecrow Press, 2005. ISBN 0810850788</ref>
 
A seguranza de navíos que pasan polo [[Bósforo]] tornouse fonte de preocupación nos últimos anos, xa que o volume de tráfico aumentou drasticamente desde a sinatura da convención - de 4.500 en [[1934]] a 49.304 en [[1998]]. Ademais de preocupacións ambientais, os estreitos cortan [[Istambul]] en dúas metades, unha cidade de 11 millón de habitantes. A convención non contén, entre tanto, disposicións acerca da regulamentación da navegación para fins de seguranza ou protección ambiental. En xaneiro de 1994, o goberno turco adoptou as "Regras do Tráfico Marítimo para os Estreitos Turcos e a Rexión do Mármara", para garantir a seguranza da navegación, da vida e da propiedade e para protexer o [[medio]], mais sen violar o principio de Montreux referente o libre paso. Aínda que [[Rusia]], [[Grecia]], [[Chipre]], [[Romanía]], [[Ucraína]] e [[Bulgaria]] teñan levantado obxeccións, as novas regras foron aprobadas pola [[Organización Marítima Internacional]] co argumento de que non tiñan por obxectivo prexudicar "os dereitos dos navíos de usar os estreitos conforme o dereito internacional". As regras foron revisadas en novembro de 1998 para atender a preocupacións rusas.<ref>Gennady Chufrin, ''The Security of the Caspian Sea Region'', pp. 155-156. Oxford University Press, 2001. ISBN 0199250200</ref>
 
==Referencias==