Peter Benenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ca:Peter Benenson
Beninho (conversa | contribucións)
m solidaridade -> solidariedade
Liña 11:
No ano [[1961]], con corenta anos, le un xornal no metro de Londres e chámalle poderosamente a atención un artigo; nel cóntase a traxedia de dous estudantes portugueses encarcerados por brindar pola liberdade. Sete anos de prisión foi a pena na Portugal do ditador [[Salazar]]. Benenson non aturaba de si a cólera que lle produciu aquilo. Saíu do metro e entrou na igrexa de [[Saint Martin in the Fields]]. Alí rezou a "todos os deuses de todos os mundos" e chegou a unha triste conclusión: "A loita dun só home non vale nada".
 
Os membros da sección portuguesa de Amnistía Internacional levaron a cabo unha minuciosa investigación sobre as persoas detidas, procurando nos arquivos do Ministerio do Interior descubriron que Ivone Lourenço e outro estudiante amigo seu foron os únicos condeados a sete anos de prisión naquela época. Ivone Lourenço, lembra a chea de mensaxes de mensaxes de solidaridadesolidariedade que chegaron de todo o mundo, porén, nega ser unha das persoas detidas, e prefire dicir que, "ese estudante é unha lenda sen nome". Seis meses despois escribiu a David Astor, redactor do xornal ''The Observer'' de Londres, e que publicara o artigo o 28 de maio de 1961 na primeira páxina, facendo un chamado á acción internacional. Expuña os casos de oito presos políticos encarcerados polas súas crenzas relixiosas ou ideas políticas. Entre eles figuraba o doutor [[Agostinho Neto]], poeta e médico angoleño que posteriormente chegaría a ser o primer presidente do país independiente de [[Angola]]. Ao doutor Agostinho Neto, para reprimilo nas suás actividades políticas, as autoridades o azotaron diante da súa familia e encarceráronno reiteradamente...
 
Inspirado no vivido, Peter Benenson resolveu no que pronto foi coñecido como "a república da conciencia": un movemento cidadán que abarcaba a todo o mundo e cuxo obxectivo era poñer ao descoberto e facer fronte ás inxustizas dos gobernos. O nome da organización foi ''Appeal for Amnesty'' ("Chamamento pola Amnistía") do que logo, un ano despois se convertería en Amnistía Internacional. Iniciada en Londres por un grupo de avogados, escritores e editores que compartían a convición expresada por [[Voltaire]]: "Detesto as túas ideas, pero estou disposto a morrer polo teu dereito a expresalas".