Corzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: lv:Stirna
*soe -> adoita
Liña 23:
No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do [[inverno]] e que volven medrar ata comezos da [[primavera]]. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o [[verán]], adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que a espalda. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu entorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.
 
O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, basada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. SoeAdoita mostrarse activo cara o solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.
 
As femias conviven con unha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acude a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións. Non é raro que algunhas persoas, ó descubrir unha cría na espesura, a consideren abandonada e a leven. Este é probablemente o maior perigo ó que se enfrontan os corzos, pois rara vez se adaptan á domesticación e morren ós poucos días.
 
Pola súa parte os machos soenacostuman ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. Na época de apareamento (inicios da primavera) vólvense fortemente territoriais e tratan de manter ós outros machos lonxe da súa área de influenza en todo momento, ó tempo que tratan de atraer ás femias para aparearse con elas. O corzo é un dos poucos [[ungulado]]s con implantación diferida, polo que a fecundación case nunca se produce no momento do apareamento, senón ás veces varios meses despois. De tódolos xeitos, o normal é que o alumbramento das crías (unha soa nas nais primeirizas, dous nos partos seguintes) se produza no mes de [[maio]].
 
O corzo é unha especie cinexética en toda a súa distribución, sendo a súa caza unha actividade moi frecuente en toda Europa central e na [[Península Ibérica]]. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o [[mar de Alborán]]. Na provincia de [[Cádiz]] está en regresión pola perda de árbores.