Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe; formato
*soe -> adoita
Liña 20:
==Características==
[[Ficheiro:Gafos desbordado.jpg|thumb|dereita|Río dos Gafos desbordado pola chuvia no barrio do Gorgullón.]]
O seu caudal está marcado pola pluviosidade das estacións do ano. Se ben en outono e inverno soeadoita ir cargado, no verán leva menos auga, en parte tamén polo uso excesivo das súas augas para o rego de leiras e predios, ben con canles, ben mediante bombeo.
 
O seu leito adoita transcorrer á beira de asentamentos humanos, polo que as súas marxes se ven acotío alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestruturas. Estes cambios conlevan danos, ás veces irreparables, e o río sofre un gran impacto de fertilizantes, pesticidas e herbicidas que afectan á biodiversidade. A pesares destes impactos e da súa proximidade a importantes núcleos de poboación, o río mantén un importante valor ecolóxico; destacando a presenza de lontras como bioindicador do actual bo estado das augas<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2007/10/07/0003_6206482.htm "Lontras no río dos Gafos"] artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 7 de outubro de 2007.</ref>.