Rato (informática): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:3-Tastenmaus_Microsoft.jpg|thumb|right|Un rato mecánico típico, con dous botóns e unha roda. Ao premer na roda, esta actúa como botón central.]]
 
Un '''rato''' é un dispositivo [[periférico]] que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do [[ordenador]]. Aínda que inventado por [[Douglas Engelbart]] en [[1963]] non se fixo popular ata a década dos [[1980s|80]]. Hoxe en día a práctica totalidade dos ordenadores de escritorio dispoñen del.
 
Os ratos detectan o movemento que con eles realiza o usuario mediante un sistema mecánico consistente nunha bóla que xira libremente e move dous eixos perpendiculares, mediante unha combinación dun [[LED|diododíodo emisor]] cun [[fotodiodofotodíodo]] (no caso dos ópticos), ou mediante un [[láser]]. A transmisión da información ata o ordenador pode ser a través de cable; este conéctase co ordenador a través dun [[Porto (informática)|porto]] específico, o PS/2 (habitualmente de cor verde), aínda que cada vez máis a través de [[Porto (informática)|portos]] [[USB]]). A conexión tamén pode ser sen fíos, ben por [[infravermellos]] ou ben por [[radiofrecuencia]]. É frecuente que os ratos teñan unha rodiña que tamén permite desprazarse pola pantalla.
 
O movemento do rato en dúas dimensións sobre unha superficie plana transmítese como modificación de [[coordenadas]] na pantalla e a súa representación visual recibe o nome de "punteiro". Os ratos deseñados para os sistemas [[MAC]] adoitan ter un botón, os de [[Windows]] dous e os de [[UNIX|Linux/Unix]] dous ou tres. Ao botón da esquerda chámaselle tamén "primario" e ao da dereita "secundario", se ben isto pódese alterar para comodidade das persoas zurdas.