Tronco do encéfalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ta:மூளைத்தண்டு
m Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética
Liña 1:
O '''tronco do encéfalo''' ou '''tronco cerebral''' é a estrutura nerviosa que se atopa na fosa [[cerebro|cerebral]] posterior, ubicadosituado caudal aos hemisferios cerebrais, por diante do [[cerebelo]]. Está composto polo [[bulbo raquídeo]], a [[Ponte de Varolio]] (ou [[protuberancia anular]]) e o [[mesencéfalo]]. É a maior ruta de comunicación entre o cerebro anterior, a [[medula espiñal]] e os nervios periféricos. Tamén controla varias funcións incluíndo a [[respiración]], regulación do [[ritmo cardíaco]] e aspectos primarios da localización do son. Formado por substancia gris e branca.
 
== Tipos ==
A substancia gris forma núcleos dentro da substancia branca, que se poden subdividir en tres tipos:
# Centros segmentarios que representan a orixe real dos nervios craniais.
# Núcleos do tronco cerebral que inclúen:
## Estacións de relevo de vías sensitivas.
## Orixe das vías de asociación do tronco cerebral.
## Orixe de vías motoras involuntarias (vía extrapiramidal).
# Formación ou substancia reticular: conxunto de neuronas que exercendo un efecto '''facilitador''' ou '''inhibidor''' intervén en varios procesos como, por exemplo, o estado de soño-vixilia. A formación reticular vese alterada nos síndromes de hiperactividade.
 
== Centros segmentarios ==
Liña 23:
# [[Nervio hipogloso|Hipogloso]] maior ou XII par: na parte inferior da protuberancia e parte superior do bulbo; del sae o XII par cranial ou nervio hipogloso que inerva músculos da lingua.
 
* Unha '''ventral''', ubicadasituada por fóra e cara adiante da previa e que brinda inervación ás estruturas derivadas dos arcos e fendiduras branquiais e comprende os núcleos:
# Motor do [[nervio trixémino|trixémino]] ou núcleo masticador: é o máis superior da protuberancia. Del saen febras nerviosas que compoñen o nervio masticador que se incorporará ao trixémino ou V par cranial.
# [[Nervio facial|Facial]] ou VII par: na parte baixa da protuberancia. De aquí sae o nervio facial ou VII par cranial. Ao saír, o seu axón diríxese primeiro á liña media, rodea ao núcleo do MOE e forma así o primeiro xeonllo do facial (hai que ter en conta que este feito dáse no lado esquerdo e no dereito). Tras isto sae do tronco do encéfalo lateralmente.
Liña 31:
 
Os '''núcleos somatosensitivos''', que do mesmo xeito que nos anteriores tamén se poden describir dúas columnas,
* Unha dorsal que comprende os núcleos
# Estatoacústicos que poden ser subdivididos en núcleos vestibulares, relacionados co equilibrio, están ubicadoslocalizados no ángulo externo do chan do cuarto ventrículo onde forma a eminencia ou trígono acústico, descríbense principalmente 3 (Schwalbe ou núcleo principal, Deiters e Bechterw) e núcleos cocleares, son dous o núcleo coclear dorsal e o núcleo coclear ventral e representan o primeiro relevo das vías auditivas.
# Núcleo do fascículo solitario, correspóndese a á branca externa do chan do cuarto ventrículo e é a orixe real do intermediario de Wrisber (VII bis); do glosofarínxeo (IX) e para rematar do nervio vago (X). A parte superior, onde se orixinan as febras do VII bis e o IX, forma o núcleo gustativo.
* e unha ventral, que comprende o núcleo do trixémino (V par) ou núcleo xelatinoso de Rolando. Esténdese ao longo do tronco do encéfalo, desde o sector inferior da calota dos pedúnculos cerebrais ata a parte inferior do bulbo onde se continúa coa substancia xelatinosa de Rolando. Ten unha parte media de maior diámetro a nivel da protuberancia estreitándose cara aos extremos. É a primeira substitución das fibras sensitivas do V par.
Os '''núcleos visceromotores''' forman unha columna que se atopa cara fóra das columnas previas e engloba a:
* Os núcleos da motilidade intrínseca do ollo que son o núcleo mediano de Perlia (converxencia da mirada) e os núcleos de Edinger (acomodación e contración pupilar).
* O núcleo lacrimomuconasal dá febras que se suman ás do VII par e controlan a secreción lagrimal e mucosa das fosas nasais.
* Os núcleos salivais:
:* Superior, é a orixe das febras viscerais do nervio intermediario de Wrisberg (VII bis) que inervan as glándulas submaxilar e sublingual.
:* Inferior, súmanse ás febras do glosofarínxeo (IX) que inervan á glándula parótida.
* O núcleo cardioneumoentérico é a orixe das febras cardíacas, respiratorias e dixestivas do X par.
E, para rematar, os '''núcleos vescerosensivos''', dos cales o único ben diferenciado é o núcleo dorsal do vago que se corresponde coa á gris do piso do cuarto ventrículo.
 
Liña 51:
 
:1. '''Cintilla Lonxitudinal Posterior''' ou '''Fascículo Lonxitudinal Medial''': que comprende febras que van desde as proximidades do chan do terceiro ventrículo ou o extremo superior do acueduto de Silvio, máis precisamente do núcleo de Darkschewitsch, ata a medula cervical e está especialmente relacionado co control reflexo dos movementos da cabeza e os ollos. Transcorre pola liña media, a nivel peduncular faio inmediatamente por diante do acueduto de Silvio e a nivel bulboprotuberancial atópase por diante da substancia gris do chan do 4º ventrículo. Comprende:
::* Febras que nacen nos núcleos vestibulares '''superior''' ou '''de Bechterew''' e '''medial''' ou '''de Schwalbe''' formando o que se coñece como ''Fascículo Vestibulomesencefálico de Van Gehuchten'' ou ''Fascículo Vestibulooculóxiro''. As febras que se orixinan do '''núcleo vestibular superior''' ascenden polo Fascículo Lonxitudinal Medial homolateral cara aos núcleos oculomotores ([[nervio motor ocular común|III]], [[nervio troclear|IV]] e [[nervio motor ocular externo|VI]]), algunhas febras cruzan a liña media cara ao complexo oculomotor contralateral na parte caudal do mesencéfalo; mentres as que nacen do núcleo vestibular medial proxéctanse de xeito bilateral cara aos núcleos dos músculos extraoculares con predominio contralateral, dando ademais febras descendentes que son directas e se dirixen cara ao núcleo do [[nervio accesorio espiñal|XI par cranial]] e a substancia gris da asta anterior dos primeiros segmentos cervicais. Deste xeito queda constituída unha vía reflexa de coordinación dos movementos oculares cos da cabeza e o pescozo e de resposta oculocefalóxira a estímulos nerviosos orixinados nos condutos semicirculares do oído interno. As febras cruzadas exercen un efecto excitatorio e as directas un efecto inhibitorio.
 
::* Feixe de febras orixinadas nas neuronas internucleares do [[nervio motor ocular externo|VIN par cranial]], cruzan a liña media e finalizan no núcleo do [[nervio motor ocular común|III par cranial]] contralateral, máis precisamente, nas neuronas que inervan o músculo recto interno, brindando a conexión neural que permite os movementos conxugados dos ollos en forma lateral. Algunhas das febras ascendentes continúan máis aló dos núcleos oculomotores para terminar no '''núcleo intersticial de Cajal'''
 
::* Febras que nacen nos núcleos vexetativos hipotalámicos (da porción medial e periventricular) e terminan na substancia gris periacuedutal do mesencéfalo e o teito. Algunhas febras poden acadar núcleos vexetativos bulboprotuberanciais, como o núcleo dorsal do rafe e os núcleos tegmentarios laterodorsal e dorsal ('''fascículo de Schütz''' ou '''lonxitudinal dorsal''').
 
::* Febras que parten dos tubérculos mamilares e distribúense pola substancia reticular da calota (núcleos dorsal e ventral da calota) e da protuberancia ('''fascículo de Gudden''' ou '''mamilotegmental''').
 
::* E para rematar, febras que nacen no núcleo de Darkschewitsch e terminan no [[nervio motor ocular externo|núcleo do VI par]]
 
:2. '''Fascículo central da calota''': Forma parte das vías extrapiramidais. Atópase por diante e por fóra da cintilla lonxitudinal medial. Contén febras ''descendentes'' que se dirixen desde os núcleos mesencefálicos (núcleo vermello) e, probablemente, dos núcleos optoestriados ata a substancia reticular do bulbo, o complexo olivar inferior e a medula cervical alta; e ''ascendentes'' que parten da formación reticular bulbar (núcleo reticular xigante celular) e finalizan nos núcleos intralaminares rostrais talámicos. Son estas últimas as que intervirían no espertar.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Nervio]]
* [[Sistema nervioso]]
[[Categoría:Sistema nervioso]]
 
== Enlaces externos ==
* [http://www.iqb.es/neurologia/anatomiafisiologia/tronco/tronco02.htm Tronco cerebral]
 
[[Categoría:Sistema nervioso]]
 
[[ar:جذع الدماغ]]