Diferenzas entre revisións de «Operación chumbo fundido»

m
Bot: substitúo a ligazón rota www.jpost.com por fr.jpost.com
(lonxano>afastado)
m (Bot: substitúo a ligazón rota www.jpost.com por fr.jpost.com)
Trala non renovación da tregua por parte de Hamas, aducindo que Israel non cumprira cos termos do acordo, a propia Hamas pescudou un novo achegamento para renova-la tregua mediante o cumprimento dos termos do acordo orixinal. Así pois, o 23 de decembro, un dos líderes de Hamas, [[Mahmou az-Zahar]], instou a renova-la tregua neses mesmos termos<ref>[http://www.ynet.co.il/english/articles/0,7340,L-3642815,00.html Hamas: Willing to renew truce] {{En}}.</ref>. Ese mesmo día as [[Forzas de Defensa Israelís]] (FDI) mataron un membro de Hamas e feriron outros dous que supostamente estaban a lanzar foguetes<ref>[http://www.reuters.com/article/topNews/idUSTRE4BM2ZP20081224 Flare-up dims truce hopes along Israel-Gaza border], Reuters {{En}}.</ref>.
 
Ó día seguinte máis de 60 morteiros e foguetes Qassam foron lanzados sobre Israel sen causar ningún ferido<ref>[http://wwwfr.jpost.com/servlet/Satellite?pagename=JPost/JPArticle/ShowFull&cid=1229868837971 IDF gets green light to strike Hamas after rocket barrage], The Jerusalem Post {{En}}.</ref>. O ministro de defensa israelí, [[Ehud Barak]], asegurou que ían respostar ós foguetes, e que Hamas ía paga-lo prezo como responsables dos ataques. Na mesma liña o primeiro ministro [[Ehud Olmert]] afirmou a unha canle árabe esas ameazas: "''estoullo dicindo agora, pode se-lo derradeiro minuto, estou dicindo que paren. Nós somos máis fortes''"<ref name=Begin>[http://www.foxnews.com/story/0,2933,472856,00.html Olmert Delivers 'Last Minute' Warning to Gaza], FOX News {{En}}.</ref>. Xa daquela oficiais da defensa aseguraban estar a piques de lanzar unha operación de ataques aéreos contra as lanzadeiras de foguetes, que continuaría cunha invasión terrestre<ref name=Begin/>.
 
=== Planificación da operación ===
 
;28 de decembro
O domingo 28, Israel continuou o ataque aéreo con obxectivos diversos: edificios, túneles para contrabando, unha mesquita e o edifico da televisión [[Al-Aqsa TV]]<ref>[http://www.islamonline.net/servlet/Satellite?c=Article_C&cid=1230414051024&pagename=Zone-English-News/NWELayout Israel's Shock & Awe Planned 6 Months], IslamOnline.net {{En}}.</ref>. Milleiros de palestinos tentaron fuxir ó Exipto pola fronteira, no medio de enfontamentos coa policía exipcia<ref>[http://wwwfr.jpost.com/servlet/Satellite?cid=1230456500516&pagename=JPost%2FJPArticle%2FShowFull/JPArticle/ShowFull Hundreds of Gazans breach Egyptian border], Jerusalem Post {{En}}.</ref>. Nun dos incidentes consecuentes dos bombardeos deste día morreron 5 irmás palestinas, de entre 4 e 17 anos: Tahrir (17), Ikram (15), Samar (12), Dina (8) e Jawaher (4). O seu pasamento produciuse mentres elas durmían, en Jabaliyah<ref>[http://www.independent.co.uk/news/world/middle-east/five-sisters-killed-in-gaza-while-they-slept-1216224.html Five sisters killed in Gaza while they slept], The Independent {{En}}.</ref><ref>[http://www.guardian.co.uk/world/2008/dec/30/israel-and-the-palestinians-middle-east 'I didn't see any of my girls, just a pile of bricks'], The Guardian {{En}}.</ref><ref>[http://www.guardian.co.uk/world/gallery/2008/dec/30/israelandthepalestinians-middleeast?picture=341186292 Imaxes do funeral.]</ref>. O Concilio de Seguridade das Nacións Unidas clamou polo cese do ataque, a fin do bloqueo e a apertura da fronteira<ref>[http://www.un.org/News/Press/docs//2008/sc9559.doc.htm Security Council] {{En}}.</ref>. A cifra de mortos ergueuse a cando menos 282 mortos e 600 feridos<ref>[http://www.thenational.ae/article/20081228/FOREIGN/244163354/-1/ART Israeli tanks gather as Gaza raids continue], The National {{En}}.</ref>.
 
;29 de decembro
76

edicións