Quarquernos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *inscripción > inscrición
m Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Gallaecia-Quarquerni.png|thumb|right|200px|UbicaciónLocalización aproximada da pobo dos ''Quarquerni'' ou Quarquenos na provincia romana da [[Gallaecia]].]]
Os '''quarquernos''' ou '''''quarquerni''''' eran un pobo [[galaicos|galaico]] da [[Gallaecia]], sito dentro do [[Conventus bracarensis|Convento xurídico bracarense]], cuxo territorio actual pode reducirse á [[comarca da Baixa Limia]], centrados en torno a [[Os Baños, Bande]], na [[provincia de Ourense]], [[España]], e nas beiras do curso medio do [[río Limia]].
 
== Fontes e problemas de denominación ==
Son citados por [[Plinio o Vello|Plinio]], N. H., III, 28, como ''querquerni'', despois dos [[límicos]]; entanto [[Ptolomeo|Claudio Ptolomeo]], II, 6, 46, os denomina ''kuakernoi'', designándolles por capital ''Hydata Kuakernon'' (que vén sendo traducida ao latín como [[Aquae Cuacernorum]]), citándoos entre os [[luancos]] e os [[lubenos]]. No [[Padrón dos pobos]] (CIL, II, 2477) aparecen grafados como [[quarquerni]]. No [[Itinerario de Antonino]] figura a mansión de ''Aquis Quarquennis''; que a súa vez é mencionada nas Táboas Peutingerianas como [[Aquis Cercenis]].
 
Nós aquí adoptamos a escrita ''quarquerni'' consonte o Padrón dos Pobos, que segue ''A. Tranoy'' no seu mapa da [[Gallaecia]], e máis recentemente ''Felipe Arias''.
 
=== Unha ala militar romana quarquerna ===
 
Fóra das fontes indicadas, hai diversos achados [[epigrafía|epigráficos]], como a cita dunha ''[[Ala I Hispanorum Asturum et Quarquernorum]]'' ([[CIL]], III, páx. XXX), do ano [[124]] d.C., ou un exvoto aos deuses [[Hércules]] e ''[[Silvano]]'' por parte dun individuo deste pobo, encontrada en [[West Cumberland]], [[Inglaterra]], que cita [[Rodríguez Colmenero]].
 
== Redución xeográfica ==
 
O ''Itinerario de Antonino'' permite, ao asignar as distancias entre as estación intermedias ou mansións, a contar desde Braga (Brácara Augusta), na [[Vía Nova]] ou Vía XVIII, calcular con aproximación a situación das ''Aquis Quarquennis'', que é posíbel identificar coa capital do pobo indicada por Ptolomeo. A efecto indícanse as mansións seguintes:
 
* ''Salaniana'' ................ milia passum XXI
* ''Aquis Originis'' ........... milia passum XVIII
* ''[[Aquis Querquennis]]'' ...... milia passum XIII
 
Isto fai que os especialistas teñan identificado a primeira mansión con [[Portela do Homem]], a segunda con [[Baños de Riocaldo]], e asignen as ''Aquis Quarquennis''. Esta equivalencia ten xa unha certa tradición, que remonta a finais do [[século XIX]] (Aureliano Fernández Guerra).
Liña 23:
Porén, isto foi complementado con datos arqueolóxicos, sendo emprendida unha primeira exploración por [[Florentino López Cuevillas]], en [[1922]], na que se observaran restos de murallas. En [[1975]], Rodríguez Colmenero observou os restos de murallas e de edificacións, xuntos con outros de orixe romana, como tégulas, cerámica e máis epígrafes, que o levaran a identificalos, sen dúbidas, coa mansión viaria citada. Posteriores excavacións mostrarían a existencia dun acampamento romano, o que fai do lugar á vez cuartel, mansión, castella e estación termal. O lugar era coñecido entre os habitantes da zona como ''A Cidá''.
 
== Unidades menores ==
 
A catro quilómetros ao Norte das [[Aquis Querquennis]] fora atopada unha inscrición que menciona un novo grupo, os ''Ancondei'', e un posíbel poboamento, o ''Castello Meidunio'', o que levou a pensar aos investigadores, nunha subdivión étnica dos quarquernos, con un castro, cuxo nome se adscribe ao [[Castro de Rubiás]], perto de [[Bande]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Fernández Guerra, Aureliano,'' Las diez ciudades bracarenses de la inscrición de Chaves'', in Revista de Arqueologia. Lisboa. 1882.
* López-Cuevillas, Florentino A., ''A mansión Aquis Quaerquernis'', in rev. Nós, nº 9, xaneiro de 1922.