Os verbos regulares galegos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 111:
 
*Manter inalterado o timbre da vogal radical en todo o paradigma, sexa medio-pechado (ler, crer, deber) ou medio-aberto (quecer, esquecer).
*Presentar unha alternancia de timbre na vogal radical, que terá timbre medio-aberto na segunda persoa do singular e na terceira de singular e plural do presente de indicativo e medio-pechado nos demais casos, tanto que sexa tónica coma átona; así encontramos /Oɔ, Eɛ/ en ''comes, come, comen'' e ''xemes, xeme, xemen'', e /o e/ en tódalas demais formas da conxugación. Algunhas veces o timbre da vogal radical permite diferenciar dúas formas, como en c[Oˈɔ]me, x[Eˈɛ]me (presente de indicativo) e c[o]me, x[e]me (imperativo).
 
Algúns verbos incoativos, como aparecer, adormecer, agradecer, podrecer..., presentan diferencias xeográficas, xa que nunhas [[fala]]s presentan alternancia e noutras teñen vogal radical medio-pechada en todo o paradigma.
Liña 119:
*Os verbos con radical /a/ ou /i/ non presentan ningunha alteración: ''abrir, saír, incidir, partir, dividir, vivir'', etc.
*Os verbos con vogal radical /e/ presentan dous tipos de alternancia:
:*Vogal radical /i/ nas formas rizotónicas do presente de indicativo e Imperativoimperativo e en todo o presente de subxuntivo, fronte ó /e/ das demais: advirto, advirtes, advirte, advirta, / advertía, advertimos,... Tal cal ''advertir'' conxúganse ''adherir, divertir, transgredir, conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir, competir, repetir, concernir, competir, repetir, concernir, discernir, (d)espir, dixerir, inxerir, medir, pedir'' (e derivados), ''vestir'' (e derivados),... Cómpre subliñar que desde o punto de vista fonolóxico esta alternancia non existe: é indiferente que se pronuncie *advirtimos ou advertimos, pois estas vogais medias poden alternar entre [e]∼[i] ante un ''í'' tónico ([[harmonización vocálica]]).
:*Vogal radical /i/ na primeira persoa do singular do presente de indicativo, segunda persoa do imperativo e en todo o presente de subxuntivo, /Eɛ/ na segunda persoa do singular e terceira persoa do singular e plural do presente de indicativo e /e/ nas demais formas: ''sirvo, s[Eˈɛ]rves, s[Eˈɛ]rve, s[e]rvimos, s[e]rvides, s[Eˈɛ]rven, sirve ti, s[e]rvide vós, sirva, sirvas, sirva, sirvamos, sirvades, sirvan, servía,...'' Fan como ''servir'': ''ferir, mentir, seguir, sentir'' e derivados (o único derivado que ten ''ferir'' é ''malferir'').
*Algúns verbos con vogal radical /u/ presentan alternancia na vogal radical: /O/ na segunda persoa do singular e terceira persoa do singular e plural do presente de indicativo e /u/ nas demais formas: ''durmo, d[Oˈɔ]rmes, d[Oˈɔ]rme, d[u]rmimos, d[u]rmides, d[Oˈɔ]rmen, d[u]rmes ti, d[u]rmide, d[u]rmía,''... Fan como ''durmir'': ''bulir (rebulir), cubrir'' (e deriv.: ''descubrir, recubrir, encubrir''), ''acudir, sacudir, cumprir, cuspir, durmir, engulir, fundir, fuxir'' (e deriv.:''subterfuxir, transfuxir''), ''lucir'' (e deriv: ''deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir''),'' mulir, muxir, pulir, pruír, ruxir, subir, sufrir, sumir, tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir''.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*FemándezFernández Re¡Rei, F. (1991 [1986]): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
*FemándezFernández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade.
*Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
*Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1995 [1982]): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 199512.