Vítor Manuel III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Victor Emmanuel III of Italy - Project Gutenberg eText 13955.jpg|thumbnail|right|200px|Victor Manuel III en [[1893]].]]
 
'''Vittorio Emanuele Ferdinando Gennaro Maria di Savoia-Carignano''', que reinou baixo o nome de '''Vítor Manuel III''', nado en ([[Nápoles]], o [[11 de novembro]] de [[1869]] -e finado en [[Alexandría]], [[Exipto]], o [[28 de decembro]] de [[1947]]), foi o Reirei de [[Italia]] (entre o [[29 de xullo]] de [[1900]] -e o [[9 de maio]] de [[1946]]). (O seu nome completo era ''Vittorio Emanuele Ferdinando Gennaro Maria di Savoia-Carignano'').
 
==Primeiros anos de reinado==
[[Ficheiro:Victor Emmanuel III of Italy.jpg|200px|thumb|Víctor Manuel III]]
 
Sucedeu ao seu pai, [[Humberto I]], en [[1900]] cando este morreu asasinado en Monza. Recibiu, coma era frecuente nos príncipes da súa época, formación militar (debido á súa baixa estatura, 1'53m., houbo que cambiar a lexislación castrense a este respecto) e mostrou especial interese polos asuntos da milicia. Durante o seu reinado, Italia, coma o resto das potencias europeas, tratou de conformar un imperio colonial e aumentar o seu territorio nacional o que levou ao país a verse envolto en varios conflitos: nun primeiro momento mantivo a [[Guerra Ítalo-Turca]] en [[1911]]-[[1912|12]], logo participou na [[Primeira Guerra Mundial]] ([[1915]]-[[1918|18]]) no bando aliado, máis tarde na [[Guerra de Etiopía]] ([[1935]]-[[1936|36]]) e tamén na [[Guerra Civil española]] en apoio do bando franquista liderado por [[Francisco Franco]] ([[1936]]-[[1939]]).
[[Ficheiro:Victor Emmanuel III of Italy.jpg|200px|thumb|Víctor Manuel III]]
 
En [[1929]] concluíu co papa [[Pío XI, papa|Pío XI]] os chamados [[Pactos de Letrán]], polos que se creaba o estado soberano da [[Cidade do Vaticano]] e pechábase o conflito aberto en [[1870]] coa toma de Roma por parte das tropas do novo reino de Italia.
Liña 12:
Vítor Manuel III foi proclamado [[emperador de Etiopía]] ([[1936]] - [[1943]]) e rei de [[Albania]] ([[1939]] - [[1943]]), ambas ocupadas por Italia, pero só foi recoñecido como tal polos aliados do fascismo italiano. Precisamente debido á conquista de [[Etiopía]], [[Italia]] foi obxecto de sancións por parte da [[Sociedade de Nacións]] e nun xesto de desdén autoexcluíuse da mesma.
 
Durante as dúas primeiras décadas do seu reinado, Víctor Manuel III actuou dentro dos límites marcados pola Constitución e non interferiu na acción dos sucesivos gobernos. Pero en [[1922]] ante a presión exercida sobre o goberno pola [[Marcha sobre Roma]] que organizaran os fascistas liderados por [[Benito Mussolini]], o monarca non aceptou declarar o estado de sitio que solicitara o primeiro ministro [[GovernoGoberno Facta II|Luigi Facta]] e, o [[30 de outubro]], aceptou o nomeamento de Mussolini como [[primeiro ministro]], vulnerando as súas atribucións constitucionais. Con Mussolini no poder, o monarca nin se opuxo nin tan só opinou sobre o desmantelamento do sistema constitucional e a imposición do réxime totalitario fascista en [[1925]]. Víctor Manuel III tampouco se interpuxo cando Mussolini acabou coa oposición democrática e liberal e non amosou reparos á entrada de Italia xunto á [[Alemaña nazi]] na [[Segunda Guerra Mundial]] ([[1939]]-[[1945|45]]).
 
==Últimos anos de reinado==
[[Ficheiro:Vittorio Emanuele III 1936.jpg|thumb|right|200px|Víctor Manuel III, de uniforme (1936).]]
 
Mussolini impediu calquera marxe de manobra ao monarca que se mantivo como Xefe do Estado con funcións representativas. Víctor Manuel III non tratou de impedir nin amosou reserva algunha cos crimes do fascismo. Cando se comprobou que a vitoria dos aliados sería segura e os líderes fascistas depuxeron ao ''Duce'', Víctor Manuel encargou ao mariscal [[Pietro Badoglio]] a formación dun goberno que puxo a Italia no bando dos aliados en ([[1943]]) e acabou co réxime de [[Benito Mussolini]]. A corte abandonou [[Roma]], ocupada polas tropas alemás, e trasladou a capital a [[Bari (cidade)|Bari]].
 
Liña 27 ⟶ 28:
*Iolanda (1901-1986), casada con Giorgio Carlo Calvi, conde de Bergolo (1887-1977).
*[[Mafalda de Savoia|Mafalda]] (1902-1944), casada con [[Filipe de Hesse]] (1896-1980), landgrave de [[Hesse-Kassel]]. Mafalda morreu no campo de concentración nazi de [[Buchenwald]].
*[[Humberto II|Humberto]] (1904-1983), último rei de [[Italia]], casado e logo separado da princesa [[María Xosé de Bélxica]].
*[[Xoana de Savoia|Xoana]] (1907-2000), tsarina de [[Bulgaria]], casada co tsar [[Boris III de Bulgaria]].
*[[María Francisca de Savoia|María Francisca]] (1914-2001), casada co príncipe [[Luís de Borbón-Parma]] (1899-1967).
 
{{sucesión | título = [[Casa de Savoia|Rei de Italia]] | período = [[1900]] - [[1946]] <br/>[[Ficheiro:Lesser_coat_of_arms_of_the_Kingdom_of_Italy_(1890).svg|60px]]| predecesor = [[Humberto I]] | sucesor = [[Humberto II]]}}
 
{{commons|Victor Emmanuel III of Italy}}