Diferenzas entre revisións de «Mega Drive»

m
Corribot: Cambiando: "ubic*".
m (r2.6.4) (bot Engadido: et:Sega Mega Drive)
m (Corribot: Cambiando: "ubic*".)
A tecnoloxía orixinal detrás da '''Genesis Nomad''' baséase na '''Mega Jet''', que era una versión semi-portátil da Mega Drive que empregaba [[Japan Airlines]] para o entretemento durante os voos. O aparato carecía de pantalla propia mais se podían usar cartuchos da Mega Drive cando se encaixaban a un monitor pequeno que se usaba nos voos da Japan Airlines. A unidade dispuña dun mando direccional á esquerda e seis botóns á dereita, semellante ao deseño do controlador de xogo.
 
Unha versión para o consumidor da Mega Jet foi posta á venda por Sega Xapón o [[10 de marzo]] de [[1994]] a un prezo de 123 dólares. Era esencialmente a mesma unidade que se empregaba nos voos da JAL, o que significaba que carecía de pantalla e non podía ser acendida sen adaptador CA. Non se engadiron máis extras ou melloras. Sega continuou en outubro de [[1995]] coa Genesis Nomad para o mercado norteamericano, esencialmente a Mega Jet cunha pantalla de cristal (LCD) de 3,25 polgadas e un compartimento para pilas situado na parte traseira do sistema, para seis pilas AA, o que a facía completamente portátil e non só un sistema Genesis máis reducido. Ademais dos outros avances da Mega Jet, engadiuse un conectador A/V na parte superior que permitía aos usuarios xogar nunha pantalla de televisión cun cable A/V diferente. Unha característica interesante era a posibilidade de que un xogador usase a pantalla do televisor mentres o outro vía a través da da Nomad. O mando direccional da unidade controlaba todos os xogos para un xogador e o porto ubicadolocalizado na parte baixa permitía a conexión dun segundo controlador para xogos de dous xogadores. Isto significaba que a Nomad podía ser tanto un sistema completo para a casa coma un sistema portátil cunha colección de xogos dispoñíbeis previa.
 
Aínda que se gababan a resolución de pantalla da Nomad e as súas características, tamén presentaba problemas. A 32X e o Sega CD non eran compatíbeis coa unidade, ao igual que o Power Base Converter, empregado para xogar cos títulos da Sega Master System na Genesis/Mega Drive. En teoría, a Nomad era a mellor portátil en cuestión de cores. Tiña cor completo, retroiluminación e dispuña de ao redor de 600 títulos na súa colección, ademais de ser un sistema funcional para o fogar. Aínda que o prezo descendera de $179 a $79.99, o cal amorteceu as queixas vertidas sobre o excesivo prezo, esta portátil non obtivo apoio abondo para seguir adiante.
52.360

edicións