Pobo maxiar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: be-x-old:Вугорцы
m Corribot: Cambiando: "ubic*".
Liña 4:
Orixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da [[península de Kola]] e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os [[ávaros]] deixaron en [[Eslovaquia]] e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar [[Saxonia]], a [[Lotarinxia]] e mesmo [[Francia]]. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se extenden entre os ríos [[Volga]] e [[Kama]] que se desprazaron cara aos territorios ao norte do [[Cáucaso]] e de [[Crimea]]. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influenza doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influenza dos pobos otomanos e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de [[Pannonia]] e [[Dacia]].
 
Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e [[Transilvania]], e ao sur, ata a rexión ubicadalocalizada entre os ríos [[Sava]] e [[Drava]].
 
A batalla do río [[Lechja]] supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do [[reino de Hungría]] e as súas primeiras fronteiras extendíanse desde a [[Bohemia]] imperial ata os lindes dos [[montes Dálmatas]], os límites da [[Bosnia]] bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o noreste, lindando por fin co [[reino de Polonia]]. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións ([[Polonia]], [[Baviera]], [[Saxonia]], [[Lombardía]] e [[Austria]], todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.