Los Angeles Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (bot Engadido: sl:Los Angeles Kings
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 30:
A cidade de [[Os Ánxeles]] estivo interesada por albergar unha franquía na [[NHL]], xa que o estado de [[California]] xa contaba con varios equipos de hockey en diversas ligas locais. Cando a liga Nacional decidiu expandirse, o empresario canadense [[Jack Kent Cooke]], propietario de [[Los Angeles Lakers]], pagou dous millóns de dólares por ter unha do seis prazas que se outorgaban. Cooke decidiu instalar o seu equipo na cidade angelina, xa que á comunidade de afeccionados ao hockey había que sumar un importante número de cidadáns procedentes de estados norteños da costa oeste en [[Estados Unidos]] e [[Canadá]]. O novo club chamouse ''Los Angeles Kings'', adoptou o púrpura e dourado como cores principais e xogarían en [[The Forum]].
 
Durante as súas primeiras tempadas participaron xogadores como Bill Flett, [[Eddie Joyal]], [[Eddie Shack]] e [[Real Lemieux]] entre outros. Durante as súas primeiras tempadas os Kings conseguiron confirmarse como un equipo competitivo, pero a partir da década de 1970 o seu xogo empeorou sensiblemente. Existiu unha mala xestión deportiva, pola que o equipo prefería fichar xogadores nos seus últimos anos de carreira profesional, e non se recuperaron até [[1974]] cando, baixo o mando de [[Bob Pulford]], volveron clasificarse para un playoff. Pouco despois, as fichaxes de [[Marcel Dionne]] e [[Rogie Vachon]] axudaron para que os Kings terminasen en segunda posición da [[División Norris]] en [[1975]]. Dionne formou en [[1979]] unha tripla linealiña coñecida como ''Tripla Coroa'', xunto aos novatos [[Dave Troyes]] e [[Charlie Simmer]], que serviu para que Os Angeles tivese un dos mellores ataques da NHL.
 
En [[1979]] o ex deportista [[Jerry Buss]] comprou a Cooke os Lakers, Kings e The Forum por un total de 67.5 millóns de dólares. O novo propietario mantivo o bloque do equipo intacto, polo que a ''Tripla Coroa'' dominou o campionato de 1980 con 146 goles e 182 asistencias entre o seu tres estrelas, logrando entrar no Equipo das Estrelas xunto ao seu porteiro [[Mario Lessard]]. Pero a pesar do éxito individual dos seus xogadores, os Kings nunca pasaron da primeira rolda dos playoff até [[1982]].