Diferenzas entre revisións de «Fútbol sala»

m
Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética
(corrixo erro)
m (Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética)
A selección feminina galega foi a subcampiona mundial da [[AMF World Futsal Championships]] celebrada en 2008, por detrás de [[Cataluña]]<ref>Datos da [[:en:Futsal#International 2|wikipedia en inglés]]</ref>.
 
== Táctica do fútbol sala ==
Trátase da execución dunha ou varias accións técnicas individuais ou colectivas para responder a unha situación problema que presenta durante o xogo e pódense clasificar de acordo á intencionalidade do equipo en ofensiva (intención de anotar gol) e defensiva (impedir a anotación de gol). O anterior obedece a parámetros que se basean na praxeoloxía dos xogos deportivos de [[Pierre Parlebas]]. Segundo el, os xogos deportivos representan situacións-tipo interacción social, de cooperación e enfrontamento (Ataque e Defensa).
 
=== Táctica defensiva ===
Son todas aquelas accións e procedementos tácticos onde as conductas motrices de cooperación teñen como fin evitar que o opoñente logre a obtención dun gol na nosa meta, mentres que as conductas motrices de oposición buscan as situacións de xogo onde se confronta ao adversario especialmente ao que posúe o móbil.
 
=== Táctica ofensiva ===
Son todas aquelas accións e procedementos tácticos onde as conductas motrices de cooperación teñen como obxectivo a obtención dun gol na meta contraria, mentres que as conductas motrices de oposición buscan as situacións de xogo onde se confronta ao adversario en condicións de superioridade xa sexa psicolóxica, posicional ou numérica, para lograr a anotación do tanto.
 
=== Transicións ===
Son os pasos de ataque-defensa e/ou defensa-ataque. A estes últimos tamén se lles chama contragolpes ou contra-ataques.
 
== Sistemas de xogo ==
Enténdese por sistema de xogo a disposición dos xogadores no terreo de xogo xa sexa para chegar á portería do contrario ou para defender a propia.
 
Existen tres sistemas de xogo básicos, que son:
 
=== 1-2-2 ===
Un porteiro, dous xogadores no fondo e dous na parte dianteira; á defensiva xenera dúas liñas defensivas e á ofensiva tres carrís (bandas e centro) por onde se pode xogar o balón rápido e en profundidade.
 
=== 1-3-1 ===
Un porteiro, tres xogadores no fondo y un na parte dianteira; á defensiva adiántanse os dous laterais formando un "rombo" (1-1-2-1) conformando tres liñas defensivas posibilitando o peche do centro e das bandas obrigando a "lateralizar o xogo". Á ofensiva proporciona seguridade ao contar cunha "columna vertebral (dous xogadores ubicadossituados no centro, o máis retrasado facendo unha liña de tres cos ás de cada unha das bandas ou base dun "triángulo" e o máis adiantado, a punta dese triángulo, obrigando ao equpo contrario a ampliar o seu frente defensivo para conter a acción dps ás deixando máis espazos ás costas dos defensores. Esta disposición espacial xerou unha especialización dos xogadores segundo a ubicaciónsituación dos mesmos no campo así;
 
* ''Peche'': Xogador que se ubicasitúa por diante do porteiro como base da liña de tres xogadores ao ataque e último xogador de campo á defensiva.
 
* ''Ás'': Xogadores que se ubicansitúan sobre as bandas utilizando estas como espazos para xogar a pelota e desprazarse a defender a portería propia.
 
* ''Pívot'': Xogador do equipo más próximo á portería rival, que cumpre funcións ofensivas de recibir e xogar o balón ás costas da portería, xa sexa para voltearse e rematar ou pasar aos seus compañeiros e defensivas como integrar a primeira liña defensiva ao rival.
 
=== 1-4-0 ===
Un porteiro, catro xogadores no fondo; sistema netamente ofensivo creado por [[Antonio José Azevedo]] (Zego) xogador e adestrador [[Brasil|brasileiro]] de fama mundial, cuxo propósito era buscar a presión por parte dos catro xogadores rivais emparellándoos e xerando espazo ás costas dos defensores, a cal se gañaba lanzando a pelota por elevación e desbordando en velocidade ou facer que foran a ese espazo para poder xerar espazo polas bandas e abrir por lateral.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.amfutsal.com.py/ Asociación mundial de fútsal] {{es}}
* [http://es.fifa.com/ FIFA.com] {{es}}
* [http://www.amfutsal.com.py/reglasdejuego.html Regras de xogo - AMF] {{es}}
 
[[Categoría:Fútbol|Futbol sala]]
57.592

edicións