Dieta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
algúns arranxos
m Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética
Liña 4:
Trátase do conxunto de hábitos ou comportamentos [[Alimentación humana|alimenticios]] ou [[Nutrición|nutricionais]] dunha [[persoa]] ou [[poboación biolóxica|poboación]]. A dieta forma parte do [[estilo de vida]], da [[cultura]], e vese afectada polos factores [[Sociedade|sociais]] e [[Economía|económicos]] das persoas.
 
== Condicionantes da dieta ==
A conformación da inxesta ou dieta está condicionada pola dispoñibilidade de [[alimento]]s que, evidentemente, depende das condicións [[clima|climáticas]], [[solo|edafolóxicas]] e de ubicaciónlocalización [[xeografía|xeográfica]] de cada rexión, pero tamén é consecuencia de razóns [[relixión|relixiosas]], [[cultura|culturais]]is e ideolóxicas ou de fenómenos [[historia|históricos]], [[sociedade|sociais]], [[economía|económicos]] e [[política|políticos]].
 
A alimentación, consecuencia de moitos factores, confórmase tamén tendo en conta aspectos individuais, que na escala de preferencias son moi variables, condicionados por múltiples axentes que actúan en función de preferencias [[Gusto|estéticas]], gastronómicas, etc. que, á súa vez, están influídas, entre outros, pola [[publicidade]] ou a dispoñibilidade de medios.
[[Ficheiro:Austrian_Dish_2.jpg|thumb|left]]
 
== Variedade da dieta ==
A variedade da alimentación, mesmo nun mesmo [[país]], [[rexión]] ou [[familia]], podería disuadir da súa análise conxunta e, porén, aínda tendo en conta os aspectos puntuais, hai unha grande parte da poboación que está afectada por condicionantes comúns que fan que as similitudes sexan, a pesar de todo, tantas que permiten establecer as liñas xerais da nutrición, a alimentación, a dieta e a gastronomía, porque ademais dos factores que tenden a crear diferenzas hai outros que, polo contrario, fan que a alimentación tenda a ser homoxénea, como é, por exemplo, a necesidade de facer comidas fóra da casa.
 
== A dieta mundial ==
Todo depende da rexión e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e outras non.
 
== A dieta mediterránea ==
Para que unha dieta sexa equilibrada ten que ser variada. O mellor exemplo de dieta equilibrada é a dieta tradicional dos países da costa mediterránea. Caracterízase porque :
 
Liña 25:
A ''dieta medriterránea'' considérase moi saudable porque achega unha cantidade axeitada de glícidos ricos en fibra, abundantes vitaminas e as graxas proceden do aceite de oliva e do peixe.
 
== Cantidade e calidade da dieta ==
Cando unha [[sociedade]] evoluciona positivamente ten máis opcións na elección de alimentos e isto leva aparellado que os máis aprezados se consuman con máis frecuencia. Sucede, ademais, que os alimentos máis desexados adoitan ser nutricionalmente máis ricos, polo que as enfermidades por falta de [[nutriente]]s teñen cada vez menor [[incidencia]] e por este motivo, en poucos anos, quedaron na lembranza carencias que durante moito tempo estivieron estendidas. A inxesta de alimentos máis ricos, máis concentrados en nutrientes, que nos proporcionan máis [[pracer]], non supón que se consigan estados nutricionais perfectos, o que ocorre é que cambian as [[enfermidad]]es. Por sorte, o mellor coñecemento da nutrición, dos nutrientes, da [[fisioloxía]] e, en xeral, da relación [[alimento]]s-[[organismo]], permítenos tomar as medidas oportunas para chegar a obter os mellores resultados.
Todas as [[cociña]]s, mesmo as máis autóctonas e [[Tradición|tradicionais]] evolucionaron e nelas produciuse un fenómeno de desenvolvemento e refinamento a través das xeracións.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.who.int/topics/diet/es/ OMS] A dieta segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde)
* [http://www.dietasan.com Calculadora dietética] Aplicación onde se pode facer unha dieta on-line