Diferenzas entre revisións de «Pratos combinados»

m
* '''Balbina Santos''' ([[Mabel Rivera]]). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostelería para iates xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
**Primeira aparición: Episodio 001 ([[1995]]).
**Última aparición: Episodio 210 (200_).
 
* '''Antón Santos''' ([[Antonio Durán "Morris"]]). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), que sempre pensa en zafarse do traballo e en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Contínuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do pouco que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
**Última aparición: (199_).
 
*'''"Microbio"Martiña'''. É unha cativa que adoita visitar o bar Suízo. Miro sempre se dirixe a ela chamándoa "microbio", ao que ela lle responde: "Eu non son un microbio".
**Primeira aparción: (199_).
**Última aparición: (199_).
1.756

edicións