Universo ficticio: Diferenzas entre revisións

mundo imaxinario coherente, diferente do mundo real onde se desenvolve unha obra, xeralmente narrativa
Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m Texto con contido das wikipedias italiana, inglesa e neerlandesa
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2011 ás 11:05

Un universo ficticio é un mundo imaxinario coherente, dotado de consistencia interna e que presenta un alto nivel de detalle que serve de ambientación ou fondo para unha obra, ou máis correntemente unha serie de obras, de creación, ben sexa literaria, audiovisual ou de banda deseñada. Este universo pode ter unhas características idénticas ao mundo real, agás pola presenza de personaxes de ficción pero tamén pode ser moi diferente ao mundo que rodea ao creador, pola presenza de contornos territoriais ficticios ou tecnoloxía inexistente, pero non queda na simple mención desas realidades ficticias senón que tende a xogar con esa realidade alternativa, creando a súa propia historia, linguas ou as súas propias leis científicas.

Fans de Star Trek, exemplo de universo ficticio centrado no futuro coa súa propia cronoloxía, linguas e mundos