Centros clandestinos de detención: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m a partires de -> a partir de
m Corribot: Cambiando: "ubic*" -> "localiz*".; cambios estética
Liña 1:
{{Artigo principal|Guerra sucia en Arxentina}}
[[Ficheiro:Desaparecidos - Estatua en CDD Club Atlético.jpg|220px|thumb|''Homenaxe aos desaparecidos'', escultura ubicadalocalizada onde estivo o CCD Club Atlético, Paseo Colón 1200, Bos Aires]]
 
Os '''centros clandestinos de detención (CCD)''' foron as instalacións secretas empregadas polas [[forzas armadas]] e [[forzas de seguridade|de seguridade]] para executar o plan sistemático de [[Desaparecidos pola ditadura arxentina|desaparición de persoas]] da ditadura autodenominada ''[[Proceso de Reorganización Nacional]]'' en [[Arxentina]].
Liña 10:
O plan do goberno ''de facto'', que exerceu o poder na [[Arxentina]] entre o [[24 de marzo]] de [[1976]] e o [[10 de decembro]] de [[1983]], formaba parte das ''operacións de contrainsurxencia clandestinas'', comezadas poucos anos antes, no marco do ''[[Operativo Independencia]]'', para eliminar a disidencia política. Operativos similares leváronse a cabo noutros países da rexión, co apoio expreso do goberno dos [[Estados Unidos]], interesado en promover a toda costa o control do [[comunismo]] e outras correntes ideolóxicas opostas ao seu bando na ''[[guerra fría]]''.
 
== Panorama xeral ==
[[Ficheiro:Club Atlético.JPG|300px|thumb|Escavación do ex Centro clandestino de detención Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Bos Aires]]
Os primeiros CCD foron instalados en 1975, antes do [[Guerra sucia en Arxentina|golpe militar do 24 de marzo de 1976]]. Nese ano xa estaban en funcionamento [[Centros_clandestinos_de_detenci%C3%B3nCentros clandestinos de detención#Escuelita_de_FamaillEscuelita de Famaill.C3.A1|''la Escuelita'']] en Faimallá (Tucumán) e [[Centros_clandestinos_de_detenci%C3%B3nCentros clandestinos de detención#Campito_Campito .28Campo_de_Mayo28Campo de Mayo.29|''Campito'']] (Provincia de Bos Aires). Tamén en 1975 funcionou un CCD na planta da empresa [[Acindar]] en [[Villa Constitución]], presidida por [[José Alfredo Martínez de Hoz]], como parte da estrutura represiva organizada para conter a folga declarada polo sindicato [[UOM]] en maio dese ano<ref>[http://old.pagina12web.com.ar/2000/suple/especial/nota1.htm ''Los dueños de la espada'', por Miguel Bonasso, Páxina 12, 2000]</ref>.
 
En [[1976]] chegaron a existir 610 CCD, pero moitos deles foron temporais e circunstanciais. Logo dos primeiros meses posteriores ao golpe de estado, a cifra estabilizouse en 364 CCD. En [[1977]] a cantidade reduciuse a 60. En [[1978]] hai 45 CCD, e para [[1979]] os centros chegaron a 7. En [[1980]] quedaban dous: a ESMA e o Campito ([[Campo de Mayo]]). En 1982 e 1983 a ESMA era o único campo de concentración que seguía sendo utilizado<ref>Seoane 2001, 227/228</ref>.
Liña 25:
[[Ficheiro:Centro Popular de la Memoria Rosario 2.jpg|300px|thumb|[[Memoria histórica]]]]
 
* '''''o asasinato''''' do detido-desaparecido ou detida-desaparecida . En todo os CCD utilizouse o mesmo eufemismo para referirse ao asasinato do detido-desaparecido: '''''"o traslado"'''''. Os métodos utilizados para o asasinato e desaparición dos cadáveres variaron desde os chamados ''[[Guerra_sucia_en_ArxentinaGuerra sucia en Arxentina#Voos_da_morteVoos da morte|voos da morte]]'', os fusilamentos en masa, fosas comúns, tumbas NN, incineración de cadáveres, etc.
* '''''o branqueo''''': legalizábase ao detido-desaparecido e poñíase a disposición do Poder Executivo Nacional. A partir de [[1980]], desta situación, podía derivar a deportación e o [[exilio]], polo uso da opción constitucional (Art. 23), ou o axuizamento por tribunais militares e a condena a prisión.
* '''''a liberdade'''''.
Liña 32:
Durante a súa permanencia no CCD procedíase sistematicamente á [[deshumanización]] dos detidos-desaparecidos mediante diversos procedementos: substitución do nome por un número, violacións, animalización, humillación, amoreamento, condicións intolerábeis de aloxamento, nudez forzada, racismo, antisemitismo, homofobia, etc.
 
Tamén existiu unha política e un procedemento común para as detidas-desaparecidas que se atopaban embarazadas. Nese caso postergábase o asasinato e producíase un [[Parto#Detidas_clandestinasDetidas clandestinas|parto clandestino]] con supresión da identidade do bebé quen era entregado para a súa crianza a persoas intimamente vinculadas ao sistema represivo, e nalgúns casos partícipes do asasinato do pai e/ou nai biolóxico. Malia que este feito é aínda discutido, xa que os rexistros oficiais só amosan a existencia de 12 casos, dos que 2 só son militares. Sen considerar os aproximadamente 500 casos en que foron nenos entregados ao sistema legal para ser devoltos aos seus respectivos familiares. Incluso as [[avoas de Praza de Maio]], no seu último libro, non falan de máis de 60 casos, dos cales infiren responsabilidade directa só a 6 casos.
 
== Cidade de Bos Aires ==
=== La ESMA ===
[[Ficheiro:ESMA 3.JPG|thumb|200px|left|A ESMA]]
{{Artigo principal|Escuela Superior de Mecánica de la Armada}}
 
O centro clandestino de detención máis famoso e case emblemático do Proceso foi a [[Escuela Superior de Mecánica de la Armada]] (ESMA). Situado no casino de oficiais desa institución da Armada Arxentina, na zona norte da [[Cidade de Bos Aires]] ([[Núñez (Bos Aires)|Núñez]]), sobre a Avenida do Libertador ao 8200 ({{Coor dm|34|32|S|58|27|W|}}), funcionou desde marzo de [[1976]] a novembro de [[1983]].
 
Dependía en última instancia do almirante [[Eduardo Massera]], e estivo directamente a cargo do [[Grupo de Tareas]] 3.3/2, dirixido polo [[contraalmirante]] [[Rubén Chamorro]] e o [[capitán]] [[Jorge Eduardo Acosta|''o Tigre'' Acosta]]. Outros soados represores que formaron parte do mesmo foron [[Alfredo Astiz]], [[Ricardo Miguel Cavallo]] e [[Adolfo Scilingo]]; o presbítero [[Alberto Ángel Zanchetta]] foi capelán da ESMA durante [[1977]].
Liña 47:
O [[24 de marzo]] de [[2004]] o presidente [[Néstor Kirchner]] e o Xefe de Goberno da Cidade de Bos Aires [[Aníbal Ibarra]] asinaron un "Acordo entre o Estado nacional e a Cidade Autónoma de Bos Aires para a construción do espazo para a memoria e para a promoción e defensa dos dereitos humanos no predio da ESMA" que quedou rexistrado baixo o Nº 8/04. A decisión foi anunciada nun acto masivo, no que se abriron as portas de Escuela de Mecánica de la Armada.
 
=== El Olimpo ===
[[Ficheiro:El Olimpo.jpg|thumb|320px|right|"El Olimpo" funcionou entre [[1978]] e [[1979]]]]
 
Liña 60:
Coa chegada da democracia o edificio pasou a mans da Policía Federal Arxentina, e foi convertido nun centro de verificación automotor. O predio foi declarado ''sitio histórico'' mediante a Lei 1197 da [[Lexislatura da Cidade de Bos Aires]], e en xuño de [[2005]] foi traspasado ao Goberno da Cidade de Bos Aires en cumprimento do acordo asinado entre o Presidente [[Néstor Kirchner]] e o Xefe de Goberno [[Anibal Ibarra]] o [[4 de outubro]] de [[2004]]<ref>[http://www.buenosaires.gov.ar/_contenido.php?menu_id=9126 Informe sobre o traspaso do predio ao GCBA 4/10/2004]</ref>. En [[2006]], o Goberno da Cidade de Bos Aires xunto con organizacións veciñais e de dereitos humanos avaliaron o futuro uso do predio. En [[1999]] realizouse unha película co nome de "[[Garage Olimpo]]", dirixida por Marco Bechis<ref>[http://www.cineismo.com/criticas/garage_olimpo.htm Crítica de "Garage Olimpo" (1999)].</ref>.
 
=== El Club Atlético ===
[[Ficheiro:Club Atlético.JPG|200px|thumb|Excavación do ex Centro clandestino de detención El Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Bos Aires]]
 
Liña 67:
Tratábase dun edificio público que foi demolido para construír a autopista 25 de Maio. Con posterioridade atopáronse as súas ruínas e o Goberno de Bos Aires comezou a realizar as excavacións necesarias para recuperalo como espazo de memoria.
 
== Provincia de Tucumán ==
=== Escuelita de Famaillá ===
A '''La escuelita de [[Famaillá]]''' correspondeulle o triste privilexio de constituírse no iniciador da experiencia dos campos de concentración no país.
 
En febreiro de [[1975]], coa posta en marcha do "Operativo Independencia", aséntase na localidade de Famaillá un centro clandestino de detención a cuxo cargo atopase primeiramente o xeneral [[Acdel Vilas]], e do que logo se faría cargo o xeneral [[Antonio Domingo Bussi]]. Desde ese momento ata a data do golpe militar do ano 1976 funcionou nunha escola que se atopaba en construción na cidade de Famaillá.
 
== Provincia de Bos Aires ==
=== Campito ===
{{Artigo principal|Campito}}
O '''''Campito''''' foi o principal campo de concentración utilizado polo exército. Tamén era coñecido como '''''"Los Tordos''"'''. Funcionou en [[Campo de Mayo]] ([[San Miguel (partido)]], [[Gran Bos Aires]], [[Provincia de Bos Aires]]), a máis importante guarnición militar de Arxentina entre [[1975]] e [[1982]]. Por alí pasaron uns 5.000 detidos. '''Só 43 sobreviviron.'''
Liña 85:
O centro estivo baixo a área de mando do Comando de Institutos Militares, que na época do seu funcionamento estivo a cargo dos xenerais Santiago Omar Riveros, José Montes, Cristino Nicolaides e [[Reynaldo Benito Bignone]]. O ''Campito'' estivo dirixido directamente polo tenente coronel Jorge Vosso, en tanto que o maior médico Julio César Caserotto foi xefe do servizo de Maternidade do Hospital Militar.
 
O Hospital Militar de Campo de Mayo foi detectado como un dos centros en que se realizaban [[Parto#Detidas_clandestinasDetidas clandestinas|partos clandestinos de prisioneiras]], para proceder logo ao secuestro dos nenos, a supresión da súa identidade e a entrega dos mesmos, usualmente a matrimonios integrados por militares que non podían ter fillos. En moitos casos os "pais adoptivos" foron partícipes dos asasinatos dos pais e nais biolóxicos dos nenos.
 
Un dos represores do "Campito", o ex sarxento Víctor Ibañez, confesou e describiu amplamente as súas características. O seu testemuño atópase recollido no libro ''Campo Santo'', de Fernando Almirón (1999). Nunha parte do libro Ibáñez dice:
Liña 92:
A partires do establecemento da democracia en [[1983]], presentáronse proxectos para establecer alí un [[polo industrial]], crear centros de estudos terciarios e universitarios, mantelo como [[reserva ecolóxica]], etc.
 
=== El Vesubio ===
'''''El Vesubio''''' foi un centro clandestino de detención utilizado polo Exército que estaba situado no Gran Bos Aires, na localidade de [[La Tablada]] (Partido da Matanza), cerca do cruzamento do Camiño de Cintura coa [[Autopista Riccheri]] que leva ao [[Aeroporto Internacional Ministro Pistarini]], nun terreo do Servizo Penitenciario Federal. "''Empresa El Vesubio"'' era o nome crave que utilizaban para referirse ao mesmo as forzas represivas. Comezou a funcionar en [[1975]] sendo utilizado pola [[Triple A]], antes do golpe de estado, co nome de "''A Ponderosa"'' e deixou de funcionar en [[1978]]<ref>CONADEP, ''Nunca Más'', EUDEBA, 1985</ref>. Entre desaparecidos e sobrevivintes ao menos 400 persoas estiveron detidas alí <ref>[http://www.pagina12.com.ar/diario/elpais/1-64992-2006-03-31.html ''Ocho represores presos por El Vesubio'', Páxina 12, 31 de marzo de 2006]</ref>.
 
Liña 109:
Actualmente o terreo atópase deteriorado e sen uso. Na Cámara de Deputados presentouse un proxecto para transformar o predio nun espazo para recuperar a memoria.
 
=== A Mansión Seré ===
{{Artigo principal|Mansión Seré}}
A '''''Mansión Seré, Quinta de Seré, ou Atila''''' foi un centro clandestino de detención (CCD) que funcionou nunha casa antiga de dúas plantas, situada na rúa Blas Pareras no límite entre as localidades de [[Castelar]] e [[Ituzaing%C3%B3_%28Bos_Aires%29Ituzaingó (Bos Aires)|Ituzaingó]], Partido de [[Mor%C3%B3n_%28partido%29Morón (partido)|Morón]], [[Provincia de Bos Aires]].
 
Entre [[1977]] e [[1978]], o lugar funcionou como centro clandestino de detención baixo a xurisdición da Forza Aérea con asistencia da Policía Bonaerense de Castelar.
Liña 119:
A partires do ano [[2000]] funciona no lugar a Casa da Memoria e a Vida e a Dirección de Dereitos Humanos da Municipalidade de Morón.
 
== Provincia de Córdoba ==
=== La Perla ===
[[Ficheiro:Acto recuperación de La Perla (Córdoba)(interiores)-24MAR07-Autor Martín Gaitán(9).jpg|thumb|150px|left|Interior de ''La Perla'']]
{{Artigo principal|La Perla (centro de detención)}}
Liña 137:
Con posterioridade a [[2000]], en Córdoba tomouse a decisión de crear un ''Museo da Memoria'', no edificio onde funcionou o Departamento de Intelixencia D-2, da policía local, sobre o pasaxe Santa Catalina, nun dos costados do histórico Cabildo da cidade de Córdoba. O D-2 non era un CCD permanente, senon o lugar de chegada dos detidos que estaban en tránsito cara á Perla ou á Penitenciaría do barrio San Martín.
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro
| autor = Almirón, Fernando
Liña 213:
}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Proceso de Reorganización Nacional]]
* [[Desaparecidos pola ditadura arxentina]]
* [[Lista de centros clandestinos de detención (Arxentina)]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.desaparecidos.org/arg/conadep/nuncamas/nuncamas.html Informe Nunca Más]
* [http://www.derhuman.jus.gov.ar/espacioparalamemoria/ Secretaría de Dereitos Humanos da Nación Arxentina; ESMA: espazo para a memoria]