Liga española de fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 43:
Os catro primeiros clasificados da primeira división acceden a participar na máxima competición europea da seguinte tempada: a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]. Os tres primeiros obteñen clasificación directa; e o cuarto, a posibilidade de disputar unha eliminatoria de clasificación (en caso de ser eliminados nesas eliminatorias, pasarán a participar na [[Europa League]]). Estas prazas son variables e dependen do coeficiente UEFA de España, referente aos seus equipos, para que á [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] accedan os equipos máis poderosos xa que os equipos españois ou italianos son máis fortes que os escoceses, por iso os dous primeiros dispón de 4 prazas e os escoceses tan só de 1. Esta norma é para todas as competicións europeas.
 
O quinto e sexto clasificado obteñen a clasificación directa para participar a seguinte tempada na [[Europa League]], xunto ao campión da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]]. Se este está clasificado entre os postos 5º e 6º (clasificado para a [[Europa League]]), o equipo que obteña a sétima posición tamén xoga a [[Europa League]], caso que tamén se dará cando os dous finalistas da Copa do Rei clasificáronse para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]. Se só o campión clasificouse para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], participará na [[Europa League]] o subcampión da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]].
 
=== Xustiza deportiva ===