Liga española de fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 43:
Os catro primeiros clasificados da primeira división acceden a participar na máxima competición europea da seguinte tempada: a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]. Os dous primeiros obteñen clasificación directa; e o terceiro e o cuarto, a posibilidade de disputar unha eliminatoria de clasificación (en caso de ser eliminados nesas eliminatorias, pasarán a participar na [[Copa da UEFA]]). Estas prazas son variables e dependen do coeficiente UEFA de España, referente aos seus equipos, para que á [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] accedan os equipos máis poderosos xa que os equipos españois ou italianos son máis fortes que os escoceses, por iso os dous primeiros dispón de 4 prazas e os escoceses tan só de 1. Esta norma é para todas as competicións europeas.
 
O quinto e sexto clasificado obteñen a clasificación directa para participar a seguinte tempada na [[CopaEuropa da UEFALeague]], xunto ao campión da Copa do Rei. Se este está clasificado entre os postos 5º e 6º (clasificado para a [[CopaEuropa da UEFALeague]]), o equipo que obteña a sétima posición tamén xoga a [[CopaEuropa da UEFALeague]], caso que tamén se dará cando os dous finalistas da Copa do Rei clasificáronse para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]]. Se só o campión clasificouse para a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], participará na [[CopaEuropa da UEFALeague]] o subcampión da [[Copa do Rei]].
 
Todos os equipos teñen o dereito a pedir unha invitación para a [[Copa Intertoto|Copa Intertoto]] (competición estival que outorga aos seus tres campións tres prazas para a [[Copa da UEFA]]). Deles, os dous mellor clasificados que non consigan praza noutra competición europea son os que xogan finalmente a [[Copa Intertoto|Intertoto]].
 
=== Xustiza deportiva ===
A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da Liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os [[árbitro]]s (todos españois) dos partidos son designados, mediante sorteo informático, pola [[Real Federación Española de Fútbol|Real Federación Española de Fútbol (RFEF)]], organismo do que dependen. Un árbitro non pode arbitrar un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional á que estea colexiado.