Anxo Guerreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Anxo_guerreiro_01.jpg|thumb|200px|Anxo Guerreiro despois da homenaxe en [[Santiago de Compostela]], [[14 abrílde abril]] de [[2007]]]]
 
'''Anxo Guerreiro Carreiras''', nado en [[Xermade]], [[provincia de Lugo]], en [[1945]], é un político galego.
 
==Traxectoria==
Foi deputado no [[Parlamento de Galicia]] polo [[PCE]] (1981-1985), máximo dirixente do [[Partido Comunista de Galicia]] e de [[Esquerda Unida]]. As súas discrepancias con [[Julio Anguita]] levárono a separar a organización galega da federal creando [[Esquerda de Galicia]], e que acudiu ás eleccións autonómicas de [[1997]] en coalición co [[PSdeG]], o que posibilitou que de novo forafose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que presentaronsese presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).
 
Nas eleccións de [[2001]], o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.