Historia de Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 91:
En 1420 o papa de consenso [[Martiño V, papa|Martiño V]] puido retornares con garantías de seguridade a unha Roma arruinada (soamente o pazo do Vaticano habitable) e comezou a tarefa de recupera-la capital da [[Igrexa Católica]] coma herdeira simbólica da Roma Imperial. As primeiras labouras foron de restauración de infraestructuras, igrexas e pazos. Ao igual que o seu sucesor, [[Uxío IV]], ambos estiveran en Florencia e atraxeron aos primeiros grandes artistas e humanistas a Roma (Gentile da Fabriano, [[Pisanello]], [[Masaccio]], Masolino, Filarete, [[Leon Battista Alberti|Alberti]], [[Fra Angélico]], Jean Fouquet) iniciando unha tradición que convertiría a cidade no centro das artes nas centurias seguintes.
 
[[Nicolao V, papa|Nicolao V]] (1447-1455) foi o primeiro en concibires grandes proxectos para a cidade que levarían a cabo os seus sucesores. O máis sinalado supuña virar a vila cara a un novo foco urbano: a reconstrucción da basílica de San Pedro cun pazo axeitado no Vaticano coma sé pontificia, transformando o barrio arredor (o Borgo, vella ''Civitas Leonina'') nun lugar apropiado para albergares a Curia, con tres vías rectas e praza ante a basílica <ref> ''Esquema do plan de Nicolao V para o Borgo e Vaticano; "Borgo nei seculi", Carla Rivolta'' [http://www.fondazionemarcobesso.it/nuovobesso/borgo/img/lg_5.htm]</ref>. O arquitecto encargado de comezar o plan foi Bernardo Rosselino. Ademais, entre os artistas que mandou chamar destacan [[Piero della Francesca]] ou [[Andrea del Castagno]].
[[Sisto IV, papa|Sisto IV]] (1477-1484) continuóu o impulso: dende a ponte Sant'Angelo (antiga Elio que unía desde a época de Adriano o seu mausoleo co Campo de Marte) ensancha e endereita as rúas que introdúcense na cidade medieval e, na outra beira, as do Borgo que levan ao Vaticano <ref> ''Esquema das actuacións nambalas dúas beiras da Ponte Sant'Angelo; íbidem'' [http://www.fondazionemarcobesso.it/nuovobesso/borgo/img/urbanistica/4.1.jpg]</ref>. Ademáis construíu as primeiras igrexas e pazos renacentes de Roma e trouxo, para decorares a súa [[Capela Sistina]], aos millores artistaspintores florentinos de entón ([[Sandro Botticelli|Botticelli]], [[Perugino]], [[Ghirlandaio]]).
 
==Esplendor da Roma papal==
Pero foi [[Xulio II, papa|Xulio II]] quen deu un pulo decisivo aos plans de Nicolao V. Apoiado por banqueiros italianos e alemáns nas súas empresas, os Estados Pontificios acadan no seu papado a supremacía da península italiana e mesmo o rango de potencia europea. Xulio vai contar cos máis grandes artistas do renacemento, soñando novamente para Roma o título de ''caput mundi''.
 
 
==Notas==