Lorenzo da Ponte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (bot Engadido: uk:Лоренцо да Понте
xudea -> xudía
Liña 2:
'''Lorenzo da Ponte''', nado en [[Vittorio Veneto|Cèneda]], [[Treviso]], o [[10 de marzo]] de [[1749]] e falecido en [[Nova York]] o [[1 de agosto]] de [[1838]], foi un poeta e libretista italiano, coñecido sobre todo como autor dos [[libreto]]s de tres grandes óperas de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]].
 
Naceu como '''Emanuele Conegliano''' nunha familia [[xudaísmo|xudeaxudía]]. En [[1763]] toda a familia converteuse ó [[catolicismo]] e tomou o nome do bispo que oficiou o bautismo. Máis tarde da Ponte fíxose sacerdote e viviu en [[Venecia]]. Porén, nesa cidade levou unha vida libertina e disoluta, ata que en 1779 foi expulsado da [[República de Venecia]]. Transladouse a [[Viena]] mercede ó interese demostrado por [[Antonio Salieri]] e pola súa habilidade, xa manifesta, de libretista. Nesa cidade alcanzou o posto de poeta oficial da corte do emperador [[Xosé II de Habsburgo|Xosé II]]. Naqueles anos era case obrigatorio que as óperas estivesen cantadas en [[lingua italiana|italiano]], e da Ponte foi quen de producir numerosos libretos de éxito para diferentes músicos.
 
Desa época data a súa amizade e colaboración co compositor [[Vicente Martín y Soler]], ó que italianizou como ''Martino'' nas súas ''Memorias'' (''Una cosa rara, ossia, bellezza ed onestà'', ''L'arbore di Diana'' e ''Il Burbero di buon cuore''). Tamén colaborou con Mozart na creación de tres obras mestras: ''[[Le nozze di Figaro]]'' ([[1786]]), a partir da comedia de [[Pierre-Augustin de Beaumarchais|Beaumarchais]], ''[[Don Giovanni]]'' ([[1787]]) e ''[[Così fan tutte]]'' ([[1790]]).